San Xoán

Bravo!!!! Soamente a min se me pode ocorrer a práctica de running nunha noitiña máxica como a de hoxe, nin máis nin menos hoxe; a noite do 23 de xuño, a conmemoración da chegada do vran. A noite das cacharelas,  das sardiñadas, do churrasco,  do viño e dos excesos, a noite da festa rachada, a noite do lume, fume, valentías, queimaduras e cantos populares,  a noite  de San Xoán. Unha fumarreira de tres pares, non había osíxeno que chegase, non respiraba nin dios, xa me gustaría ver o deus do fume que tal o facía.
Ainda ben non eran as nove e media da noite e xa estaba  Aguiño Carreira e Castiñeiras todas cheas de fume de cacharelas a medio prender. Ahora deixovos que chegou o momento de unirme a festorra.
Boa noite.
Cacharela San Xoán 2014

Dende Castiñeiras hata "Ajiño de ves", todo cheo de fume

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)