Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021
Imaxe
Así de fácil preparo a goma laca, esta é unha sustancia orgánica que se obtén a partir da secreción resinosa dun insecto que habita en Asia, especialmente en Indonesia e Sri Lanka. Neste enlace mostro a súa preparación

Sexo, química amorosa e marcas de dominación social

Imaxe
A noite pasada tiven un soño! Sí, un soño deses de AMOR, non sei se atraído por como medran os portales de citas, ou pola contaminación atmosférica. O caso é que, pasoume pola cabeza crearvos un perfil web e buscarvos parella a cada un dos que visitades este blog. Menos mal que de repente volvín en min e recapacitei, vin que alí, non era ouro todo o que relucía, e dei para atrás. O que menos quería era que levásedes un chasco online. Buff, vaia putada!, non me quedaría nada por oir… De súpeto, ao cruzar a porta dos ramilletes dourados, presentín que algúns dos que estábades alí, tíñades cara de oscuras intencións, outros ben parecía que buscábades sexo, e outras tranquilidade; o que ven sendo un amor para toda a vida, ata había algún exhibicionista no medio, e tamén había quen estaba por estar, catro ou cinco ciscados tíñades cara de visitante de museos e algúnha que outra de dominación social. Este presentimento non fixo outra cousa que asolagarme de preocupación. Con tanta trasfega,