Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2015

Manual de disparo fácil

Imaxe
Xa fai algún tempo que teño gañas de facerlle unha crítica constructiva a eses/as que se ven con todo dereito do mundo, en cuestionar as fotos dos demáis, cando as súas, non son máis que auténticos churros , un “ víndeover ” nas redes sociais. É boa verdade que a ignorancia tanto pode poñer a un triste e desventurado, como radiante de felicidade. Puntos de Forza e líñas da Regla dos Tercios Agora que nos estamos adentrando en período de festas, chismes e felicitacións, tanto se sodes auténticos flickeiros  como usuarios base de Facebook, WhatsApp ou a mesmísima Instagram, faredes que os smartphons e as redes sociais anden a fume de carozo , a ver quen corre máis! De seguro, á festa tamén se arrimarán aqueles catro que andan soltos por aí, pensando que a calidade das fotos do seu “ chafarico ” é a mesma que poden ofrecer os modelos Reflex. Esto é confundir o touciño coa velocidade. Como se entere a EOS 5Ds   que a meten no mesmo lote… A calidade non se pon en dúb

A importancia da dobre postura

Imaxe
Fai uns días, vin como un usuario de Facebook, poñía no seu muro:  “ Non acepto dobles perfiles de nadie… ” Interesante!! Aínda que sinceramente, non entendo cal puido ser o motivo que o levou a tal decisión. O simple feito de ter un perfil nas redes sociais, ben sexa Facebook, Twitter ou a mismísima Socialité de la Cochinché , fai que xa un mesmo sexa poseedor dun par de identidades (como mínimo); a real e a virtual . Identidades que o máis normal é que non cadren unha con outra, xa que na actualidade pasamos moito tempo navegando pola rede, creando un perfil que nos represente do máis enrollados , guapos e perfectos posible. Buscando unha identidade   virtual ideal , ao mesmo tempo que nos alonxamos de ser nos mesmos, ben sexa involuntario ou intencionado, pero está demostrado que na web, ser totalmente sinceros é imposible. Non é porque o diga eu! Os resultados das enquisas están aí, se non comulgas con eles, posiblemente sexas un bicho raro , eu que sei!! Polo de pron

Futuros ricachóns

Imaxe
Na noite de onte, coa compra deste décimo de Lotería do Nadal, por parte de: Vilarnovo, Vila, Dani, Carlos, Mara e eu, consolidouse a xuntanza dos futuros ricachóns. Este tipo de situacións, rodeado de amigos sobrios e civilizados cos que un se sinte a gusto,  non teñen prezo.

Ligoteo para feos

Imaxe
Unha vez máis a realidade supera a ficción. Vivimos nunha sociedade tremenda, unha sociedade que nos fai ser cómodos, ou algo máis que cómodos diría eu. Mercamos en eBay, buscamos en Trivago e viaxamos con Bla Bla Car. Internet para todos e para todo. Como non? Ata para atopar moza se usa internet... A gota que colmou o vaso, púxoa o Getafe C.F. que promovendo a asistencia de afeccionados ao campo, lanzou a súa app chamada “ Getafinder ” unha aplicación a cal a súa finalidade é que os seguidores liguen entre eles. Sí, así como estás lendo, aínda que pareza máis tema de peli que doutra cousa, non deixa de ser pura realidade. Podedes seguir o enlace pinchando AQUÍ Sexa cal sexa a túa inclinación sexual, na rede hai mogollón de aplicacións de servicios dating como poden ser: Meetic, eDarling, Wapa, Wapo, AdoptaUnTío, Badoo, Happn e Grindr entre moitas outras. Estas aplicacións están diseñadas especialmente para facer perder o pudor ( sen beber chica ); á xente con