Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xuño, 2026

Empanada de xoubas

Imaxe
Empanada de xoubas: un bocado con sabor a Galicia Esta empanada é un dos grandes referentes da gastronomía galega. Forma parte dunha tradición culinaria na que o saber popular soubo mantela viva xeración tras xeración.  Non é esaxerado afirmar que quen nunca probou unha empanada de xoubas, está a perder unha das experiencias gastronómicas máis auténticas e xenuínas de Galicia. Así de claro! A xouba, é un peixe azul, polo tanto Omega-3 por un tubo, é un peixe moi apreciado nas costas galegas. A tempada óptima para o seu consumo vai dende maio a outubro. Pode degustarse frita, guisada ou convertida no ingrediente estrela dunha empanada, como vai ser o caso. O seu intenso sabor mariño intégrase á perfección co rustrido tradicional, dando lugar a unha zaragallada cargada de matices e Omega-3. Abonda con percibir o arrecendo que sae do forno!   Primeiramente hai que limpalas, sacarlle cabeza, espiñas e soltarlles unhas areas de sal como quen non quer a cousa... Aromatizar con romeu...

Masa de empanada de millo

Imaxe
Hai receitas que forman parte da nosa maneira de entender a cociña e a vida. Para min, a masa de empanada de millo é unha delas. Encántame! Por iso quero compartir esta receita, co desexo de que todas as persoas que pasades por aquí vos animedes a preparar esta deliciosa empanada de millo e a saboreala na vosa mesa. Esta masa ten personalidade e carácter. Elabórase con tres fariñas: trigo, millo e centeo. As fariñas de millo e de centeo escáldanse previamente, un paso fundamental que lle achega á masa unha textura e un sabor inconfundibles, tan vencellados á nosa tradición gastronómica. Pero, se hai algo que fai especial a empanada de millo é precisamente que non existen dúas iguais. Por iso digo que teñen personalidade. Como adoita dicirse, cada maestriño ten o seu libriño. Hai quen as fai máis gordas, hai quen as fai máis finas; hai quen as tosta máis e quen menos; hai quen lles bota máis centeo e quen máis trigo. Cada quen faina á súa maneira. Unhas estarán máis ricas ca outras,...

Fideuá de navallas

Imaxe
Hai pratos que nacen dunha receita e outros que nacen dun produto. Neste caso, a inspiración chegou da man dunhas magníficas navallas da ría de Arousa, un auténtico tesouro das nosas costas que merecía ser o gran protagonista. Xa vai duns anos que levo facendo este prato delicioso, navallas con fideos, que co permiso dos de Gandía lle chamo Fideguá. Eles son os auténticos reis desta exquisita comida.  Unha Fideguá que fun perfeccionando co paso do tempo, unha fideguá con auténtico acento galego.  A elección do fideo ten a súa importancia. Decanteime polo fideo nº 4 de Gallo, xa que o fideo Fideguá desta mesma marca, encharcase moito e engorda como un condenado. O fideo nº4 é capaz de absorber todo o sabor do rustrido e manter unha textura perfecta no prato. Referente ao tomate frito, utilizo estes botes pequerrechos de 100g da marca Solís, máis que nada porque me gusta, ademais de ser a medida xusta para os 400g de pasta.  Cando se conta con produtos de primeira, como son...