Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2019

Matando o tempo

Imaxe
Está claro que as apariencias enganan, e digo isto, porque cara ao mundo estou aquí todo tranquilo cunha actitude recreada e sosegada, como se estivera facendo un estudo de balística, ou simplemente lazadas nunha corda de esparto, cando en realidade estou sometido a unha preocupación constante, causada por un día enteiro de arresto domiciliario, si, estou de garda.  Menos mal que a idade do pavo xa vai alá, porque con tal de ir de varanda, a ista altura xa tería planeado unha huida pola porta de atrás ou simplemente polos conductos de ventilación, como fan nas pelis americanas. É boa verdade que despois dunha certa idade, logo de sobrevivir tempestades e caídas dende globos (que por certo, a última ben pensei non contala) a calma apodérase dun, e as gardas xa non son o que eran, agora só queda resignarse ao pé do cañón. Airear a mente con algún relato, facer un flan de ovo no microondas, unha empanada de xoubas no lar, ou calquer outra exquisitez culinaria sirve para matar o temp

Un veleno que atrae

Imaxe
Isto de andar en bici, é como un veleno descoñecido de agradable sabor persistente. Un veleno que atrae. Santuario en Cespón E tanto é así, que a historia vólveuse a repetir, outra volta máis pola contorna, outro día máis a Cabo de Cruz , os cabocrucianos xa estarán ata as pelotas de vernos facer alí a dichosa foto! A esta altura de século, penso que ata a bicicleta ten aprendido onde está cada unha das fochancas. Aínda que hoxe, o noso gato matou unha mosca oes! Chegamos a Cespón . Fun cos dous de sempre, #NOVO e #V1L4R, parece o título dunha novela de Castelao , pero non ten nada que ver... Ou si, quen sabe! Porque a pesar de que ningún deles traballa para o concello, son liantes canto queren. Os dous son altos como capitáns da Marina Mercante, abstéñome en dicir que son guapos, básicamente por dous motivos 1º Igual o creen 2º Polos malos entendidos que poidan xurdir. Un deles é de pel sonrosada, con cabelos e ollos claros, se non fose que nacíu aquí ao lado, ben

Unha semana de tuat

Imaxe
Xa fai algún tempo que levo de preguiceiro canto quero, sen escribir nin aquí nin alá, tal é así, que ata nin un tuit nin un tuat. Por certo, Tuat é unha rexión desértica no centro de Arxelia, na que abundan pequenos oasis. Algo así como o que tivemos esta semana na metade, un oasis que a transformou nunha semana atípica, polo que vou facer un resumo do que deron de si estes sete días. Penso que o contido non deixa de ser interesante, todo depende de ver ou non o espellismo no deserto.  Comezaba a semana falando de ortografía cuns amigos, o tema foi de se en castelán o correcto é escribir os meses en maiúscula ou minúscula.  Isto é o que di a RAE ao respecto. “ Mayúscula o minúscula en los meses, los días de la semana y las estaciones del año  Salvo que la mayúscula venga exigida por la puntuación (a comienzo de texto o después de punto), los nombres de los días de la semana, de los meses y de las estaciones del año se escriben en español con minúscula inicial: Nació el