Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2019

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción fase - 11)

Imaxe
E por fin chegou o bo tempo! Non sei os días que nos acompañará, pero eu xa estaba farto de tanta humidade e  ver pasar os días sen poder traballar no instrumento. Sendo sincero  xa tiña algo de mono.  Polo que esta semana deille caña a mazo e  lixa por un tubo , cejuela selleta e  fondo protector. Tanto a cejuela como a selleta son pezas fundamentais nun instrumento de corda, por eso o ideal é facelas de óso e non de plástico como se fose a tapa do váter dun bar de copas. Estas pezas soportan a tensión das cordas, afectando directamente á vibración, e por consecuencia ao tono e ao sustain do instrumento, polo que o axuste debe ser total (fino, fino). Logo de lixar a madeira ata o punto de que patinan as moscas, apliquei un fondo protector, agardando por un tapaporos caro como a peste. IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR AO INICIO IR A MANFER STYLE

Por Terras de O Morrazo

Imaxe
Monte de O Facho e Cabo Home A semana pasada estiven no que para min é o sitio máis bonito de O   Morrazo . Teño que dicir que a vivencia suscitada por a purificación de paixóns foi total. Aquí deixo fotos para que o disfrutedes. Na corredoira empedrada que vai cara ó cúmio de o Monte Facho , podemos observar numerosas  rochas con  petroglifos ,  marcas de distintas tipoloxías, buracos e rebaixes nas pedras, feitos en diferentes épocas de cronoloxía indeterminada.  Na subida ao Monte Facho atopámonos coa antiga aldea de Punxeiro (unha aldea medieval formada por oito casas en ruinas) que xunto ao castro galaico, a garita e os grabados da ladeira, conforman as Paisaxes de Berobreo . Esta garita de cúpula de pedra foi construida no S XVIII para un posto de vixía con fins militares, co esplandor das  illas Cíes ao fronte. Con tan só un puñado de metros de altitude, as vistas