Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2019

O murmurio de Agramonte - cuarta parte

Imaxe
Prólogo  Se chegaches aquí como quen non quer a cousa, e descoñeces de que vai esto de “ O murmurio de Agramonte ”, non te preocupes, sempre hai un primeiro día para todo, pero tranquilo, estás de sorte, porque tamén contemplei esa posibilidade. Por nada do mundo quero que coa lectura deste relato te sintas incómodo, nin atrapado como unha troita nun río seco, polo que che deixo o enlace para que te poñas as pilas e disfrutes de algo máis que a mesmísima realidade.  Se eres novato e queres saber de que vai iste relato, pincha aquí . Polo contrario, se eres un asiduo lector de Paparroda, só quero que disfrutes desta cuarta parte como ti ben sabes, nela narro o diálogo que que mantiveron a expedición baroñesa e Mortorius Sabartán na súa casa de Lousame.  A disfrutalo! Reliquia dun dos garfos de Mortorius O murmurio de Agramonte (cuarta parte) A expedición chegou a Lousame cunha latente preocupación, saber que pasara cos 72 wakizashis, porque iso de que o fe