Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Gaiteiros

O gaiteiro baroñés

Imaxe
Gadamil (o gaiteiro baroñés) Neste relato, narro a historia de Gadamil, un gaiteiro que deixaba pegada sonora alí por onde pasaba.  O seu nome de pila era Ramón, pero todos o coñecían polo seudónimo de  “ Gadamil ”, de profesión gaiteiro . Nacía no ano de 1905 en Baroña no concello de Porto do Son.  Era un tipo con moito carisma, festeiro e pícaro como ninguén, facía magas coa gaita con tal de sorprender ao público, especialista en amenizar banquetes e foliadas, un verdadeiro showman da época que gozaba dunha particularidade única, tocar a gaita e bailar coas máis guapas ao mesmo tempo, ámbalas cousas con moita maestría.  “ Nin que estivera feito coa mesma tela que se fan as festas, andar de parranda era o seu! ”, iso dicían os que o coñecían. Era un músico singular la mar de cotizado, actuaba  nas vodas de alta alcurnia e tamén nas festas máis relevantes da comarca, San Roquiño de Tállara, a Guía, San Ramón de Bealo, o Loreto, a Guad...

O derradeiro foguete

Imaxe
Este relato básase en feitos acaecidos naquel fatídico día do Carme de 1938, nel narro o último minuto de Luís Callón, un fogueteiro republicano, altivo, burlón e chulo como un pé de millo nunha rara. É mediodía, esmecha o sol no estandarte que abre camiño a un palio de varas longas, suxeito por catro caciques lambecús de diferente lacha. Na parte dereita anterior vai o mestre D. Ramón, na solapa do traxe azul mariño, luce un lazo morado de organza esfiañado, a súa esquerda o boticario D. Ezequiel, que para a ocasión viste un traxe de mil raias marrón, unha garabata de dous tonos de crudo máis escuros que a súa camisa lisa dunha soa cor, tamén reloce nos puños,   uns xemelgos de ouro, que pola fasquía, ben puideron ser herdados. Detrás del, vai Enrique (o marido da criada do cura), nótase claramente que o fai por compromiso máis que por devoción, pero... Como para decir que non! Ao seu carón, Juan Luís, o campaneiro, que ademáis de facer soar as campás domingos e festivos, t...