Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2014

San Pedro

Imaxe
A saída deste domingo con Andrés e Fran foi a Vilagarcía. Xa de volta en Carril, fixemos un alto no camiño para o de sempre, chocolatina, falar das máquinas, unhas fotos e un pis que marchamos. Alfombra floral nunha das rúas de Boiro O melloriño de cada casa Carril, aquí é donde se cría a mellor ameixa do mundo, ou eso din... Sorprendente a delimitación das parcelas coa isla de Cortegada ó fondo E como non todo vai ser ciclismo, pola tarde fun ca familia hasta Caldas de Rei, no cal non perdemos tirada para acercarnos hasta Barosa (un entorno natural precioso). Invítovos a todos  a práctica do lagarting (tumbarse nas pedras a tomalo sol, despois dun bo chapuzón de auga doce) O lugar é especial para a carga de osíxeno Bueno, o lugar é especial para varios tipos de carga Vista da fermosa alameda de Caldas, cunha gran variedade de especies tanto autótonas como foráneas Igrexa de Caldas de Rei Pintada nunha das pared

O dragón de Taramancos

Imaxe
Manda narices!!! outro día máis indo a Noia e sen ver o dragón da famosa lenda, o milenario dragón de Taramancos. Catalogado como único na súa especie, bicéfalo de trilíngua bífida de nacemento. Cansado e retecansado de oir falar dél e nin chica, este non se asoma nin a tiros, pero bueno a viaxe non foi en balde, xa que visitei o cemiterio de Santa María e trouxen unhas boas fotos para vós. Interior dun dos sarcófagos Igraxa de Santa María (A Nova) Sarcófagos Lápidas sepulcrais

Ciclista feliz

Imaxe
Ciclismo=deporte de risco Carretera=conductores enfadados Camiños=cans enfadados Carril bici=señoras enfadadas Rodillos=veciños enfadados Saída sábados=parella enfadada Saída domingos=familia enfadada Ciclista= persoa odiada que vive feliz

San Xoán

Imaxe
Bravo!!!! Soamente a min se me pode ocorrer a práctica de running nunha noitiña máxica como a de hoxe, nin máis nin menos hoxe; a noite do 23 de xuño, a conmemoración da chegada do vran. A noite das cacharelas,  das sardiñadas, do churrasco,  do viño e dos excesos, a noite da festa rachada, a noite do lume, fume, valentías, queimaduras e cantos populares,  a noite  de San Xoán. Unha fumarreira de tres pares, non había osíxeno que chegase, non respiraba nin dios, xa me gustaría ver o deus do fume que tal o facía. Ainda ben non eran as nove e media da noite e xa estaba  Aguiño Carreira e Castiñeiras todas cheas de fume de cacharelas a medio prender. Ahora deixovos que chegou o momento de unirme a festorra. Boa noite. Cacharela San Xoán 2014 Dende Castiñeiras hata "Ajiño de ves", todo cheo de fume

Facendo amig@s

Imaxe
Volta ó Barbanza Despois da carreira de onte, a intención de hoxe era facer unha saída suave, en plan tranquilo para estirar as pernas (unha saída domingueira coas súas  relacións públicas incluidas). Optei pola opción de dar a volta ó Barbanza, un percorrido de 80 Km. A eso das 09:00h pasaba por Ribeira, cando me decatei de que era o día da proba do “ II Triatlon Concello de Ribeira”, e como sería imperdonable non deterse a facer unhas fotiños, aquí volas deixo. O Paparroda Participantes da proba "II Triatlon Concello de Ribeira" Paia de Coroso (Ribeira) Hai xente para todo...Que maneira máis parva de penalizarse subindo a bici antes da raia! Unha parada para mexar "Place for One" no Porto do Son

III Carreira solidaria do Barbanza

Imaxe
Así como quen non quer a cousa, xa vai alá outra carreiriña máis. Xa levo terminadas tres como tres mundos. Quen mo diría... sen dúvida, teño clarísimo que a motivación do Sr. Clemente fai milagros. Como di o outro, “me llena de orgullo y satisfación” ser partícipe deste tipo de eventos, ahora a próxima é “A do Demo” 6,66Km de puro sufrimento, eso é o meu, sufrir, sufrir e sufrirrrr; penso que cos anos estoume volvendo masoca jajajaja!!! Pensar que podía estar tomando unha birra ben fresca... pero bueno, para que che poñan  unha desas tapas de aceitunas recheas de sucedáneo de pemento con palillos recén usados e cheos de mosquillas daquela terraza cheirosa de alcantarillado...Pensando ben, e mellor ir á carreira, polo menos alí no escenario do crimen pódese atopar un con caras moi coñecidas como foron no día de hoxe os Sres. Fran Olveira, Manuel Lorenzo, Roberto Collazo, David Pérez e Santi Cameán, este último por moito que insistimos o Sr. Clemente máis eu, non quixo lidiar cas fieras