Malhumorado vento

Un día máis subindo a Curota, e como  ven sendo habitual, un éxitazo, eso si, todo o camiño con ese trebelleiro e malhumorado vento detrás da orella sin deixar ver a súa intención. Menos mal que o sol portouse como un verdadeiro campeón, deixouse querer canto quixo. Pasei por Cabío, Pobra e Curota. De volta xa en Aguiño, estrenei o novo tramo do paseo de madeira da Praia Catía (venme especial para a práctica de running) aínda que ó meu entender en sitios os tablóns quedaron algo separados, será para un posible desaloxo de area, ou para un posible asome de vexetación; ...quen sabe? o ancho dunha roda de bici tampouco é tanto.
Aquí vos deixo unhas  fotiños para o voso deleite, que as disfrutedes.



Areal da Pobra

Vista Panorámica (dende a Curota) da vila de Pobra do Caramiñal e periferias



A "Place for One" pasando os pertinentes controis de calidade, no novo paseo de madeira da praia Catía

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil