O murmurio de Agramonte - segunda parte
Se aínda non leches a primeira parte de “O murmurio de Agramonte” ou simplemente non recordas de que ía o asunto, non te preocupes nin tampouco agardes a que cho conten! Aquí che deixo o enlace para que te actualices e non te sintas desencamiñado. Para ler o primeiro capítulo de “O murmurio de Agramonte” CALCA AQUÍ . O murmurio de Agramonte Logo dunha semana penetrante de vento, frío e choiva, quería amencer un día co ceo despexado. Os cans estaban durmindo e os paxaros aínda sen rebulir, pero xa había na aldea catro chimeneas prendidas, entre elas a do perito, quentando o almorzo mentras calzaba os zocos mornos de toda a noite na lareira. Se non fose polo frío, posiblemente quedaría un día de verán... Cando aínda ben non era media mañá, o carteiro a cabalo, trotaba con fouteza a lama xiada da corredoira que o traía cara á aldea, coa única nova a nome de D. Xosé Luís Clavo Ripa (o que viña sendo o perito agrónomo) o remitente era un tal ...