Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

O paso do tempo

Imaxe
Ben certo é que na actualidade as galiñas seguen tendo pico e as vacas seguen dando leite, pero esto non implica que as cousas non cambiaran. Aínda sen ter claro cal é a época merecedora do medallón ó garrafón adulterado, os cambios existenciais habelos hainos. Parándose un chisco a pensar no que o escritor Jorge Manrique dixo no seu día, eso de que  calquera tempo pasado foi mellor, dá pé a plantearse unha serie de cuestións. De se o dixo por nostalxia, recordando a idade da inocencia, na que todo é fume, e por outro lado se na actualidade diría o mesmo. En realidade o paso do tempo non só afectou a temas supérfluos como son a cantidade de canles que temos de TV ou a indumentaria que usamos andando en bici, tamén tocou temas moito máis serios como a comunicación, a evolución das palabras patrimoniais, a liberdade,  o consumismo  ou simplemente a calidade dos alimentos. Tamén influiu na independencia da muller na parella. Antes a labor das mulleres era única e exclusiva

San Andrés de Teixido

Imaxe
Hoxe tiven o sorte de visitar por segunda vez a paraxe impresionante de San Andrés de Teixido , na Serra de A Capelada, Cedeira. A diferenza da primeira (que foi un día cerrado de néboa); hoxe as condicións climáticas portáronse, o día non puido estar mellor. Sentirse cheo de embruxo naqueles acantilados sobre o mar, non ten prezo. Santuario de San Andrés de Teixido Hai un dito que di que: "A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non foi de vivo" Xa ti vas vendo…! Gracias pola visita Un forte abrazo.