Non sen el
Xa fai tempo que non escribo un post, adicado plenamente ao software , polo tanto, aproveito a excusa deste finde "terrorífico", para espallarme coas últimas fornadas softwarísticas. Salvo os que lles da igual Xan que Pericán, os que viven afastados da face da Terra, ou aqueles outros que buscan unha estabilidade egocéntrica bagando polas periferias da Biosfera, o resto dos nacidos (xa dende ben novos); usan smartphon. Que non son poucos! Polo tanto vou falar dunhas aplicacións moi recomendables para un gran número de usuarios, como son todos os que suben fotos as redes sociais. Que tampouco son poucos…! Aplicacións que con escasos e sencillos pasos, ofrecen multitude de filtros e texturas varias, conseguindo desta maneira darlle un toque personal as fotos, por exemplo, plasmar un resultado “tenebroso” nestas datas de Halloween ( Samaín para os autóctonos). Quen non viu fotos con arañas, calaveras ou a típica calabaza con ollos ardentes en forma de led? ...