Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2015

Unha de navallas!!

Imaxe
A Catía A esta altura de século non vamos negar que Aguiño sempre foi Terra de medios politiquillos, titáns entre aparentos e mans cheas, pero ata aquí chegou a tontería. Encontronazo entre o colectivo de navalleiros e a comisión de festas, non levando a cabo o que se trata nas reunións, uns sen ir queren opinar como se foran e outros que foron pasan polo carallo o acordado. Quen entende a esta xente...? O que está claro é que no medio de todo colectivo sempre hai algún langrán adulador, vulgarmente coñecido como lambecús que nin está aquí, nin alá, ou será que está máis alá que aquí? Amigos sí, e festa tamén pero a vaquiña polo que vale. En tódolos traballos hai conflictos internos, desavenencias e persoaxes que traicionan por ben pouco, ou nada. Interesante estar informado. Bravo polo colectivo que defende os seus dereitos.

Ata Noia disfrutando da paisaxe

Imaxe
Ola amigos da bici, estou organizando unha marcha cicloturista dende Ribeira a Noia (polo Porto do Son ida e volta); para o vindeiro 9 de agosto , todo aquel que esté interesado/a en participar pode facelo, aquí non hai cuotas nin taxas, basta coa presenza e gañas de pedalear 35 Km para cada lado, pódese facer tanto en bici de carretera como BTT xa que rodaremos a un ritmo de disfrute da paisaxe (baixo)   ±20Km/h de media.  Pararemos en Noia a tomar o “vermú” cada un pagará a súa consumición, polo tanto levade pasta se non queres lamber a lata. Como a miña intención é concertar unha terraza para os artistas , sería interesante a confirmación de asistencia (máis que nada para ter onde sentarse); ben mo podedes notificar a través dun comentario neste post, ou nun correo a paparroda@gmail.com os máis tímidos. Un saúdo.

Corrubedo no punto de mira

Imaxe
Outro ano máis chegou o momento de poñer o punto de mira no preciado mes de agosto, e atinarlle a esa fascinante carreira como é a “ Popular de Corrubedo ”   unha carreira que polas sensacións que transmite, case é obrigada para todos os que nos gusta o running, disfrutando o percorrido dun entorno natural incomparable. Apúntate ó bo rollo!! http://www.galitiming.com/ En Corrubedo o 15 de agosto as 10:00 11,3 kilometros de deleite. .

Algo máis que artesán

Imaxe
Quero destacar a colección de maquetas de barcos que o compañeiro Carlos expuxo o fin de semana pasado en Cabo da Cruz. Obras de arte en estado puro, maquetas que rozan a perfección, creadas con todo tipo de lujo, detalle e similitude. Un traballo asombroso, non apto para calquer manitas a soldo que ande solto por aí, un traballo digno de ver.