Turistas con dereitos
O Suliño era un bar do século XX situado nun enclave privilexiado ao lado do mar. De ambiente discreto asociado a partidas de dominó con apostas e chiquiteo. Fai pouco máis dun ano, o neto de Ramiro Suliño (o dono); o restaurou para dedicalo a un negocio de alto standing un tanto especial. Convertíuno nunha casa típicamente galega do século XVIII combinando arquitectura tradicional con decoración inusual de rasgos sinxelos e confortables, coas comodidades dunha vida moderna con todos os seus excesos, descanso e relaxación, moi frecuentado por viudas con furor uterino e separados compinchados.
No penal do sur, entre un pequeno estanque e o camposanto hai unha terraza con mesas de vidrio reciclado e cinceiros a xogo en ferro forxado, cuberta por unha parra, que excepto sombra nunca da nada. Alí mestúranse clientes selectos cos que non queren que se sepa nada. Antonte chegou unha parella de turistas verbeneiros vestidos de Gucci, Armani e algo de Manolo Blahnik. Co cagalloto e a melopea que traían, alí se sentaron con aires de grandeza nas sillas de vídrio reciclado. Parecían baixo os efectos dun eclipse lunar; xa que botaron a potada no vaso e sentados nas sillas de vídrio reciclado, seguiron bebendo como se nada ao lado do cinceiro de ferro forxado.
Sequera lle escorreran a auga da caldeirada pola cabeza!!
Sequera lle escorreran a auga da caldeirada pola cabeza!!
Comentarios
Publicar un comentario