Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2018

O murmurio de Agramonte - terceira parte

Imaxe
Antes de nada, dicir que deixo aquí os enlaces tanto á primeira como á     segunda parte de “O murmurio de Agramonte” pensando nos que non tivéchedes oportunidade de lelos, ou simplemente para os que necesitedes un refresco. Primeira parte   Segunda parte O murmurio de Agramonte E por fin, chegou o día máis agardado, o día da expedición.  Imaxe cedida por Silvia Rubio Xan, quedara de verse ó amencer con Andrés e Abeliño no alboio do perito, onde o carro cargado cos víveres pasara a noite. Xan, a pesar de estar acostumado a levantarse coa chegada do panadeiro (á media mañá), aquel día foi o primeiro en aparecer. Para el, a viaxe a Lousame era como ir ás Américas, a incertidume era tal, que entre volta e reviravolta non pegara ollo, e para eso que cando foi para a cama, aínda ben o Sol non encubrira no monte do Seán, eso sí, matinando na roupa que vestiría, se un traxe de algodón con ribetes dourados, un acampanado de terlenka (que estreara

Bo proveito!

Imaxe
Neste post vou explicar os motivos polos que debemos evitar dicir " que aproveite " ou " bo proveito " ao atoparnos con alguén que está comendo.   O día do mercado de fai dúas semanas, foi un día deses nos que un se levanta demasiado pesimista, crendo non ter tempo suficiente para facela compra. Mercala froita antes de que chegue a escoria que a apalpa, é unha manía que teño dende fai tempo, pero bueno, que sería de nós sen vicios nin manías... Tal foi así, que cando cheguei, aínda os tendeiros envoltos en rebumbio, “Camela” e “tejemaneje” empezaban a montar os tenderetes. Ante tal situación non retrocedín, todo o contrario, adentreime con paso ordinario como se dunha carreira de obstáculos se tratase, esquivando o intenso movemento dos mercaderes, que expoñían a mercancía nun mercadillo moi cuquiño. Un mercadillo conformado por catro postos de froita, dous de pan, tres mulleres vendendo productos da casa, unha churreira, un posto de frutais, arbustos e prant

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 7)

Imaxe
Un caldeiro con 25 quilos de pintura, dá máis que para pintar, se digo esto é porque o traballo que desempeña no encolado das varetas, é impresionante, para mostra un botón. Nesta mandolina utilizo un sistema de varetaxe en forma de abanico, estilo Antonio Torres, que sen dúbida foi no S XIX o principal responsable do éxito deste sistema, tal é así, que hoxe en día xunto con outros grandes constructores, como Romanillo ou Elliot son referente estandar. Para tal efecto débese utilizar madeira cunha densidade entre 440 e 470 Kg/m 3  para esta tarefa a familia das Piceas é especial, a que utilizo nesta labor é Picea Abies, máis coñecida como Abeto alemán, que por suposto está dentro do rango. Coido que estes datos que atopo navegando pola web, son importantes para calquer principiante coma min, por eso considero relevante compartilos, nunca faltará a quen lle poidan interesar.  Coa colocación da segunda barra armónica, paso a encolar o reforzo da roseta, dúas pezas miudas,