Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tinte

Cofre (parte 4) FIN

Imaxe
Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre  apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e  esnaquizada  polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint. Coas ferramentas electricas  é bastante doado  facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse. A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasión ,  martillei  como un cosaco  uns cravos de ferro frío,  para  conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta . Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A p...

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 9)

Imaxe
Uns brochazos de Xylamon e unha caricia de spray Xylacel, fan que non entre termita nin termitón. Protección para máis de quinientos anos, como se nada, vamos! Hoxe toca falar da tapa armónica, esta é unha das pezas máis importantes de calquera instrumento de corda, dela depende moito a calidade do son, encárgase de modular, transmitir e expandir o sonido. Din os entendidos que polas características timbricas, as mellores son as de abeto e cedro, calquera das dúas xenera bos armónicos, aínda que ante gustos non hai disputa. Para o encolado da tapa, axúdome de cinta de carrocero, dous clavos e tiras de goma. Nesta imaxe, mostro rematado o perfilado da cenefa, axudeime dun gramil e unha cuchilla. Como non podía ser doutra maneira, esta cavidade é para incrustar a peza co logo de MANFER Style, augurando un resultado espectacular. En proceso unha suave lixadura previa a un tinte definiti...