Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta empanada

Empanada de xoubas

Imaxe
Empanada de xoubas: un bocado con sabor a Galicia Esta empanada é un dos grandes referentes da gastronomía galega. Forma parte dunha tradición culinaria na que o saber popular soubo mantela viva xeración tras xeración.  Non é esaxerado afirmar que quen nunca probou unha empanada de xoubas, está a perder unha das experiencias gastronómicas máis auténticas e xenuínas de Galicia. Así de claro! A xouba, é un peixe azul, polo tanto Omega-3 por un tubo, é un peixe moi apreciado nas costas galegas. A tempada óptima para o seu consumo vai dende maio a outubro. Pode degustarse frita, guisada ou convertida no ingrediente estrela dunha empanada, como vai ser o caso. O seu intenso sabor mariño intégrase á perfección co rustrido tradicional, dando lugar a unha zaragallada cargada de matices e Omega-3. Abonda con percibir o arrecendo que sae do forno!   Primeiramente hai que limpalas, sacarlle cabeza, espiñas e soltarlles unhas areas de sal como quen non quer a cousa... Aromatizar con romeu...

Masa de empanada de millo

Imaxe
Hai receitas que forman parte da nosa maneira de entender a cociña e a vida. Para min, a masa de empanada de millo é unha delas. Encántame! Por iso quero compartir esta receita, co desexo de que todas as persoas que pasades por aquí vos animedes a preparar esta deliciosa empanada de millo e a saboreala na vosa mesa. Esta masa ten personalidade e carácter. Elabórase con tres fariñas: trigo, millo e centeo. As fariñas de millo e de centeo escáldanse previamente, un paso fundamental que lle achega á masa unha textura e un sabor inconfundibles, tan vencellados á nosa tradición gastronómica. Pero, se hai algo que fai especial a empanada de millo é precisamente que non existen dúas iguais. Por iso digo que teñen personalidade. Como adoita dicirse, cada maestriño ten o seu libriño. Hai quen as fai máis gordas, hai quen as fai máis finas; hai quen as tosta máis e quen menos; hai quen lles bota máis centeo e quen máis trigo. Cada quen faina á súa maneira. Unhas estarán máis ricas ca outras,...

Empanada de lacón con espinacas

Imaxe
Esta é a primeira de moitas empanadas que van ir aparecendo por  Cookery , e tiña que empezar cunha que se sae un pouco do típico. Non é a clásica de atún ou bacallau que todos temos na cabeza, pero oye… está igual de rica (ou máis, xa verás). A cousa vai de tres ingredientes que xuntos funcionan de luxo: lacón, espinacas e queixo afumado. Unha mestura sinxela, pero cun sabor que sorprende dende o primeiro bocado. De verdade, dálle unha oportunidade e anímate a facela na casa. Non ten complicación e asegúroche que che vai encantar. Dous días antes!!! Por moito que o lacón poña desalado, é preferible polo 12h a desalar con un cambio de auga ás 6h Un día antes!!! Cócese e retíranselle os ósos, en ola exprés cocelo 25 minutos é suficiente, non sendo así, unha hora non lla quita ninguén Agárdase a que enfríe e cun coitelo que corte, fanse migallas (reservar) Para a masa desta empanada utilizo unha fariña con un 9% de proteína Masa de empanada sen lévedo: 700g de fariña 200g de aceite 2...

Masa de empanada sen lévedo

Imaxe
A cociña tradicional está chea de preparacións sinxelas que foron pasando de xeración en xeración, e a masa de empanada de trigo sen lévedo é un bo exemplo diso. Esta receita destaca pola súa facilidade, conseguindo unha masa suave, manexable e perfecta para todo tipo de recheos, tanto salgados como doces. Ideal para quen busca unha alternativa rápida sen tempos de fermentación, esta masa conserva o sabor auténtico das empanadas caseiras, converténdose nunha opción práctica e deliciosa para calquera ocasión. Consideracións a ter en conta:        - A fariña debe ter un 10% de proteína como máximo (Figura 1)        - A leite mellor que sexa enteira Figura 1 Ingredientes:          700g de fariña de trigo          200g de aceite          210g de leite          14g de sal          1 ovo Procedemento: Para esta masa utilízase o ac...

Empanada de MILLO

Imaxe
Encaixa dicir que esto si que é un verdadeiro "OnlyFans" digo isto porque este post non o vou a compartir nas redes sociais, só o veredes os que seguides PAPARRODA. De aquí en diante haberá máis deste estilo. Xa vai duns cuantos anos que levo facendo PAN, e a verdade é que estou moi contento cos resultados, tanto visual como gustativo, encántame o pan que fago!!! Agora avancei un paso, metinme no mundo das empanadas de MILLO, teño que dicir, que me estou perfeccionando como é debido. De momento fíxenas de zamburiñas, sardiñas, mexillóns e polbo. As de hoxe son de sardiñas e polbo.  Sigo ensuciando moita cacharrada pero bueno... Non todo vai ser perfecto! É unha pena que non poidades peteirar un cacho de cada unha...! Por si alguén se anima, aquí vos deixo os ingredientes da masa para unha empanadeira de 37,5 x 46,5cm estas son as medidas dos fornos que temos todos nas casas. 500g fariña millo (mércoa na panadería "O muiño" Ribeira) 150g fariña centeo (mércoa na mesm...