Empanada de lacón con espinacas
Esta é a primeira de moitas empanadas que van ir aparecendo por Cookery, e tiña que empezar cunha que se sae un pouco do típico.
Non é a clásica de atún ou bacallau que todos temos na cabeza, pero oye… está igual de rica (ou máis, xa verás).
A cousa vai de tres ingredientes que xuntos funcionan de luxo: lacón, espinacas e queixo afumado. Unha mestura sinxela, pero cun sabor que sorprende dende o primeiro bocado.
De verdade, dálle unha oportunidade e anímate a facela na casa. Non ten complicación e asegúroche que che vai encantar.
Dous días antes!!!
Por moito que o lacón poña desalado, é preferible polo 12h a desalar con un cambio de auga ás 6h
Un día antes!!!
Cócese e retíranselle os ósos, en ola exprés cocelo 25 minutos é suficiente, non sendo así, unha hora non lla quita ninguén
Agárdase a que enfríe e cun coitelo que corte, fanse migallas
(reservar)
Para a masa desta empanada utilizo unha fariña con un 9% de proteína
Masa de empanada sen lévedo:
700g de fariña
200g de aceite
210g de leite
14g de sal
10g de pimentón
1 ovo
Se queres saber máis detalles sobre esta masa, deixo o enlace ao final
| Fariña para a masa da empanada |
Para esta preparación necesítanse 600g de espinacas
Logo de enxaugar como é debido, bótanse a unha ola con auga fervendo, entre 3 e 4 minutos é suficiente
Unhas pinceladas de aceite no fondo da empanadeira, acto seguido capa de masa e espinacas (xa cocidas) ben extendidas
Suben á palestra as migallas de lacón que tíñamos reservado
Séguese cunha capa de queixo afumado (sen pelar) San Simón da Costa
Pementa negra recén moida
Tápase, decórase e ao forno
25 minutos calor abaixo
20 minutos calor arriba e abaixo
Hai que ter en conta que cada forno é un mundo, polo tanto estes tempos son a modo de referencia
Se che gusta descubrir sabores novos sen complicarte na cociña, esta receita é para ti. Anímate a preparala… porque unha vez a probes, quererás repetir
SUXESTIÓN
Esta empanada debe ter o fondo e a tapa fina, polo que para conseguir estirar a masa delgada, recoméndoche utilizar unha base de silicona, como se mostra na Figura 1
QUE O DISFRUTES!






Comentarios
Publicar un comentario