Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2016

Escaparatista Vs Descerebrado

Imaxe
Por fin chegou a noite do 31 de outubro, noite de embruxo e festa rachada. Seguro que máis de catro levades unha semana de enredo   escollendo entre  telarañas, esqueletos e morcegos,  a decoración axeitada  para celebrar Halloween por todo o alto. Pero coidadiño, con esto da decoración pasa o mesmo que coa choiva, nunca cae a gusto de todos, oes! O que para uns, é do máis Cool, para outros resulta un verdadeiro insulto. Aí é onde está a diferenza entre un escaparatista profesional e un “artista” descerebrado . Se non que llo digan o tipiño que decorou un local de comida rápida, utilizando unha  escultura da Virxe María co rosto manchado de vermello, emulando a sangue do niño Xesús decapitado. Quedo sorprendido ca facilidade coa que se confunde a liberdade de expresión coa insolencia…! Cada un que pense o que queira e que xuzgue o que lle dé a gana. Na miña opinión, non deixa de ser unha falta de respeto,   por moita celebración de Halloween que esta sexa. Tamén penso que se

Non sen el

Imaxe
Xa fai tempo que non escribo un post, adicado plenamente ao software , polo tanto, aproveito a excusa deste finde "terrorífico", para espallarme coas últimas fornadas softwarísticas. Salvo os que lles da igual Xan que Pericán, os que viven afastados da face da Terra, ou aqueles outros que buscan unha estabilidade egocéntrica bagando polas periferias da Biosfera, o resto dos nacidos (xa dende ben novos); usan smartphon. Que non son poucos! Polo tanto vou falar dunhas aplicacións moi recomendables para un gran número de usuarios, como son todos os que suben fotos as redes sociais. Que tampouco son poucos…! Aplicacións que con escasos   e sencillos pasos, ofrecen multitude de filtros e texturas varias, conseguindo desta maneira darlle un toque personal as fotos, por exemplo, plasmar un resultado “tenebroso” nestas datas de Halloween ( Samaín para os autóctonos). Quen non viu fotos con arañas, calaveras ou a típica calabaza con ollos ardentes en forma de led?

Ferreiros Castrexos

Imaxe
Inmerso entre arrays , textos estructurados e direccionamentos indirectos , ante a imposibilidade de  raspiñar  algo de sono, levaba unha temporada sen facer factible a publicación habitual neste medio. Nada máis cambiar de torna , non dudei en celebralo cun gustoso traballo de campo. Con zapatóns, cámara e media sobremesa a costas, partín cara a Boiro coa intención de visitar a península de Neixón e fotografiar a riqueza arqueolóxica dos seus castros.  O periodo de ocupación deste recinto castrexo foi dende finais da Idade de Bronce (século VI a.C.) ata ben entrada a Época Romana (século IV d.C.) A metalúrxia, e por consecuencia o comercio, foron os seus pratos fortes, xa que coñecían a técnica de producción de ferro. Eles venderon e trocaron os primeiros utensilios fabricados neste metal. Chegaron a ser ferreiros de élite na fabricación das famosas espadas que os romanos tanto uso lles deron polo mundo adiante.  De aí o abondoso apelido Ferreiro pola comarca. Outro