Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2018

A miña plantación de tomateiras

Imaxe
Con este post non só vou facer un seguimento das tomateiras que plantei hoxe, tamén vou demostrar ao mundo que por estar a finais de maio, non hai nada perdido. Como vén sendo habitual, tódolos anos por esta fecha, planto nun anaco de xardín (que algún día tivo cesped) detrás da casa, dúas dúcias de tomateiras. Hoxe, logo da comida, deille con toda a ansia para deixar o choio feito, o malo é que este ano despisteime un chisquiño, van con quince días de atraso pero... Con que veñan para agosto, (alá para aquela, cando esté de vacacións) veñen a tempo dabonco. O que si teño claro é que os tomates totalmente ecolóxicos destas tomateiras, ademais de facer moi boas ensaladas, van ser a envexa do vecindario como de costume. Cada semana colgarei fotos para que vexades a súa evolución. 08 de septembro Moi satisfeito con esta plantación 100% ecolóxica. Como dicía un compañeiro "a esgalla" tomates a esgalla. De todas maneiras para o próximo ano procurarei non durmirme nos laureir

Aprendiz de lutier - fase 12

Imaxe
Esta experiencia de aprendiz de lutier, está sendo unha vivencia do máis completa, cada día descubro un tesouro. Esta semana dediqueina por completo ao diapasón, logo de dudar entre varias opcións debido ao largo do mástil, optei por un tiro de 366mm Tamén  embutín as marcas de nacar e deixeino preparado para recibir os 19 trastes, a colocación destes, sen dubida é unha das partes que máis reparo me da. Como de costume, seguirei enchéndome en ver vídeos de como se fai, por ver vídeos que non sexa, o difícil é levalos a práctica! Escala para tiro de 366mm - 14,41" con 19 trastes IR AO SEGUINTE POST IR AO POST ANTERIOR IR A LUTIER IR AO INICIO

O murmurio de Agramonte - segunda parte

Imaxe
Se aínda non leches a primeira parte de “O murmurio de Agramonte” ou simplemente non recordas de que ía o asunto, non te preocupes nin tampouco agardes a que cho conten! Aquí che deixo o enlace para que te actualices e non te sintas desencamiñado. Para ler o primeiro capítulo de  “O murmurio de Agramonte”  CALCA AQUÍ .  O murmurio de Agramonte Logo dunha semana penetrante de vento, frío e choiva, quería amencer un día co ceo despexado. Os cans estaban durmindo e os paxaros aínda sen rebulir, pero xa había na aldea catro chimeneas prendidas, entre elas a do perito, quentando o almorzo mentras calzaba os zocos mornos de toda a noite na lareira. Se non fose polo frío, posiblemente quedaría un día de verán... Cando aínda ben non era media mañá, o carteiro a cabalo, trotaba con fouteza a lama xiada da corredoira que o traía cara á aldea, coa única nova a nome de D. Xosé Luís Clavo Ripa (o que viña sendo o perito agrónomo) o remitente era un tal Mortorius Sabartán