Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mouteira

O Campo das Mouteiras (parte III)

Imaxe
Este post dedícollo  ao  amigo convalecente Clemente Ferreirós. Que te mellores Cle! Se eres dos que andan por aí a velas vir e chegas aquí de rebote ou por casualidade, recoméndoche que antes de meterte en fonduras con esta terceira parte, leras as dúas primeiras, sobre todo para non andar perdido como unha caries na espuma da gaseosa. Enlaces para os interesados: Primeira parte Segunda parte Polo contrario, se eres un acérrimo lector de Paparroda, avanti tutti! Como ben sabes, na primeira parte tratei a causa efecto (Lajarto-Mouteira), na segunda tocou tratar á eliminación da causa (a extinción do Lajarto) e nesta última entrega, vou tratar a desaparición do efecto (o desvalixo das mouteiras). Agardo que che guste. Terceira parte Debido ás innumerables visitas ao Castro de Baroña na primeira metade do século XIX por parte de xente importante con culturilla e renombre, xa non eran poucos os que atraídos pola beleza do que se contaba nas ...

O Campo das Mouteiras (parte II)

Imaxe
Este relato é a continuación de: O Campo das Mouteiras . Se aínda non leches a primeira parte, sería interesante que o fixeras. Máis que nada, para que non andes perdido   como un parvo . segunda parte Facía pouco máis de dúas semanas que o mercante ruso Pletoff (coas bodegas repletas de carburo) zarpara de Hamburgo con destiño Vilagarcía , facendo previa escala no porto de A Coruña , para cargar combustible e víveres. Dous días máis tarde e por razóns totalmente descoñecidas, naufragaba preto da punta Ouriceira no Castro de Baroña . Desconfíase que os indicios de tal suceso, tiveran moito que ver coas botellas de albariño e licor café que estes, mercaran nos Cantóns coruñeses. A liña de puntos marca o itinerario que tiña que seguir o mercante, dende a Coruña ata o porto de destino Sen pausa nin algareo , as reaccións exotérmicas provocadas polo descomunal vertido da carga, elevaron considerablemente a temperatura da auga, obtendo como resultado, n...

O Campo das Mouteiras (parte I)

Imaxe
Campo das Mouteiras primeira parte Debido á riqueza lingüística do Galego, coido oportuno utilizar neste relato as distintas formas que os do Barbanza temos para denominar a unha pedra cravada no chan (como se fose un menhir, pero en miniatura) ben sexa para sinalar os lindes dun terreo, os nomes dos lugares, como indicador de distancias quilométricas ou mesmamente como monumento conmemorativo, para que algo ou alguén sexa recordado. Polo tanto, neste post utilizarei os distintos sinónimos: Marco, fito, mouteira e tamén un castelanismo moi arraigado na comarca, como é mojón. A historia que vou contar, aconteciu durante un periodo de tempo moi extenso, dende pouco despois da caída do Imperio Romano (tomando como referencia o século V d.C.) ata prácticamente a actualidade, xa que remata a medeados do século XX (que foi onte). Non se sabe se a causa de tal cese foi debido á evolución da especie, á chegada da televisión ou unha total complementación de ámbolas dúas. Aínda que...