Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2015

En vapor a Vilagarcía

Imaxe
Todo depende da vara coa que se mida.  Hoxe visitei a Darío, máis coñecido por  “Cachirulo” un “perro viejo” da guerra civil española. Xa leva acamado preto de dous turróns aguantándolle a partida á artrose no medio dun pano quente e fregas de augardente. Bríllanlles os ollos de alegría recordando azañas bélicas e anos de soltería. Con 100 anos ás súas costas, é todo unha enciclopedia de vivencias, un interesado en saber que non só lle gusta preguntar, tamén disfruta contando. De seguro que con medio século menos, sería un empedernido amante de Siri, xunto dun bo Twitteiro. Sorprende oílo falar da década dos 40 como se fose onte pola tardiña,  de perrachicas, patacóns e reais, e comentar fusilamentos, asasinatos e fosas comúns con pelos e señais.  “ …Botando a vista atrás, non fai moito daqueles anos nos que un golpe de estado no 36, levounos a 3 anos de Guerra Civil acabando así a segunda República, época na que desapareceron tanto o sistema constitucional como os parti

Fora letargos

Imaxe
Onte estreneime na miña primeira carreira oficial deste 2015, foi en Terras de Íria, na “XIII Carreira Popular de Padrón”. Participei coa mesma ilusión e chulería de fai un ano, cando o fixera por primeira vez, aínda que despois deste medio parón invernal, nin por asomo me acerquei a marca persoal, polo tanto non queda outra que espabilar letargo, sudar camiseta entrenando duro e recuperar tono para acadar METAS propostas. “ This is PAP ”      Unhas imaxes do evento De pose con Dani e Clemente, vaia equipazo!!!

Parece que foi onte

Imaxe
Aquí vos deixo unhas imaxes para o recordo, o tempo non agarda por ninguén, parece que foi onte e xa fai uns cuantos anos de calquera delas. Que as disfrutedes! Tranchiño, Porvenir 4 e 4º Cabo Naval no muelle de Aguiño     O remolcador inglés Svitzer Ramsey atracado no porto de  Ribeira     En xaneiro do 2009 quedaba varada en Corrubedo a gabarra  Yamburg