En vapor a Vilagarcía
Todo depende da vara coa que se mida.
“De crío meus pais mandábanme coas vacas ao monte, o máis importante era ter que meter na boca e poder subsistir, daquela a escola estaba nun segundo plano, eso era cousa de ricos”.
Aínda que el diga que non, eu digo: Que lonxe quedan aqueles tempos nos que para ir a Santiago, había que coller o vapor en Ribeira, destino a Vilagarcía e alí coller o tren cara a capital galega, aqueles tempos nos que os pósitos transformáronse en cofrarías, tempos nos que se construiron encoros, que se fixeron repoboacións forestais, tempos de represións franquistas, de sublevación militar, de fusilamentos e de torturas falanxistas, que lonxe quedan… Tan lonxe como que eu non vivín nada daquelo.
Comentarios
Publicar un comentario