MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)
Efectúo os traballos de lutería, sempre vista aos viandantes, nun garaxe dunha rúa moi transitada de Aguiño, non só pola xente que vai ou ven da praia, se non tamén pola que anda a pasear, circunstancia que nestes momentos (agosto, mes de vacacións por excelencia) me recorda aos primeiros días de rebaixas dos centros comerciais.
Aínda que na casa dun, cada un fai o que quer, unha actividade realizada vista ao público, fai que sexa distinta a calquer outra, procuro en todo momento gardar a compostura, sendo o máis sociable posible, intento ser respetuoso, amable e sen perdela paciencia, xa que son moitos os que pasan sen decir nada, pero tamén son moitos os que se deteñen a falar e a observar o que teño entre mans, cada un di o que lle parece, uns falan moito sen decir nada, outros con poucas palabras dinno todo e tamén hai quen di disparates como se nada, sen ir máis lonxe, hoxe acurriron tres detalles curiosos que vos quero contar: Un dos viandantes non se cortou en preguntar se o que estaba facendo era para darlle de comer aos polos, a tal oir, non sabía se rir ou chorar! Tamén escoitei como un turista lle dixo ao crío que ía ao seu carón “mira un afilador” pobre madrileño que non viu un afilador na súa vida... Outro disque a próxima semana, vai traer para enseñarme, un arco de caza maior con flechas, feito por un africano. (Se de veras o trae, mostrarei fotos) Estes son algúns dos beneficios de traballar vista ao público.
Hoxe pola tarde o Sr. Alberto trouxo para mostrarme o arco da tribu Ovambo (Namibia)
Como o prometido é deuda, aquí están as fotos.
Agora toca falar un chisco da obra, non todo vai ser sobre viandantes...
Chegou o momento de soltalas guias maestra e rematar coas últimas costillas ao aire, hai unha pequena descompensación entre elas, que teño que correxir, a idea é rematar cada unha das puntas con cadanseu debuxo tallado. Esto é algo que teño que madurar. Xa se verá en que queda a cousa...!
Esta peza é unha especie de esternón interno, co fin de reforzar a estructura a modo quilla. Irá acompañado de dous machóns (un a cada lado) para conservar a linialidade do mástil respecto á caixa sonora.
Comentarios
Publicar un comentario