Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2014

Desafíos mes de novembro

Imaxe
Hola compañeiros!!! Xa están preparados os novos desafíos de Endomondo tanto de Running como de Ciclismo para este mes de novembro. Para aqueles que non estén enterados, que sepades que son libres e de balde. Ánimo!!! apúntate a vida saudable A Falta dunhas horas para que rematen os desafíos do mes de outubro, estas son as clasificacións. Noraboa a todolos participantes!!! SORPRESA!!! Vaia competitividade hai no posto de cabeza nas últimas horas no desafío de ciclismo, intercambiando posicións entre o primeiro e segundo posto, aquí vos deixo a clasificación difinitiva do mes de outubro.

Infernal

Imaxe
Nestas datas que corren, de tanto Hallowen e tanta Castaña, considerei oportuno mostrarvos “Infernal” un relato baseado na súa totalidade en feitos reais, traéndovos unha recopilación de frases das lápidas que me atopei no camiño, ó mesmo tempo que iba andando e avistando aquela porta enorme, raída e veteada do inferno. Aquelo estaba todo escuro, pisado con louzas de mármore negro cheas de frases con letras deslumbrantes, sorteando as pisadas entre aqueles difuntos esparcidos, tendidos como mal tirados e desachegados. Aquelo era todo un desconcerto, mesturando choros, gritos e llantos con silbidos, risas e gargalladas. Sorprendeume que entre aqueles tantos centos de inscricións, nun gran surtido de línguas como  árabe, hebreo, finés, inglés, francés, alemán, hasta en turco, italiano e tafilete, non atopase ningunha en galego. Sorprendente!!! Será que no inferno non hai galegos? Paréceme raro…!!! Estas son algunhas das frases que o longo do camiño fun traducindo para que vexades de

Colmado de sal

Imaxe
Hoxe na volta matutina que fixen en bici, atopeime o muelle de Santa Uxía de Ribeira repleto de sal, fixen unhas capturas que posteriormente editei con un falso HDR. Ainda non sendo partidario do uso desta técnica, fíxeno pensando en vós, espero que vos gusten. Un saúdo a todos que pasades por aquí.

XXXVII Carreira Pedestre Popular de Santiago

Imaxe
Era visto que a carreira de hoxe en Santiago, non podía pasar desapercibida nin doutra maneira que non fose xenial, xa solo de participantes eramos uns cuantos milleiros, (5893 para ser máis exacto).  Alí atopeime con compañeiros de vellas e novas batallas, admirable como patean eses “chispóns”.  O meu dorsal foi o 2478, (o dorsal co número mais alto de toda a miña vida deportiva). Tardei 01h:04m:10s en cruzar a liña de meta, acadando o posto 2709 a un ritmo de 05m:21s kilómetro.  Aquí vos deixo unhas imaxes do evento. Imaxes atopadas na web Aguantando o ritmo como un campeón Imaxe publicada por Jmdobarro

Si bebes non conduzas e si comes non corras

Imaxe
Todos sabemos a teoría das boas costumes culinarias  referente ó running, o que se debe comer, cando, canto e como, levalo á practica xa é outra cousa. Sempre hai o típico que se bota á aventura, o mesmo que fixen eu onte co medio bocata do meu chocolate preferido, xunto daquel refresco Max, media hora antes de saír, a verdade é que estaba de morte, igual cós poucos máis de 4 kilómetros que fixen, tamén estaban de morte, pensei palmala no intento. A conclusión que saquei en limpo é que si bebes non conduzas e si comes non corras.

Media ducia de domingueiros

Imaxe
Dende os primeiros intres xa a ruta de hoxe empezaba a prometer. Aínda ben non se enfrentaran as agullas daquel campanario, cando a totalidade dos participantes amosábamos a nosa mellor fasquía a ese retrato lozano; repleto de alegría e colorido, inmortalizando a tónica predominante da praza; que non era outra máis que caras alegres  manifestando ganas tolas de rodar, xunto co interese san de competir e partir cara a unha ruta xa a priori agraciada; transcorrendo por foxos de frondosos montes e humidos vales, colmados de fragantes e vistosos fungos. Despois dese arranque en frío de tremendas pendentes, tan rumoreado logo de atrapar aquel remanso de aire cheo de salvación e incerteza, cambiando baixadas por farto de subidas, voltando victorioso e coleando sin alá máis percance achegado.