Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Castela

Explotación laboral

Imaxe
Imaxe: Google Comezamos o mes cunha proba evidente de que o coche se lava pouco, a ponla de xesta metida na defensa, rematarémolo con ela seca e chisnada tamén. Pasa o mesmo que coa   propaganda electoral, poñer logo se pon, pero quitala xa Dios dirá. Entre tanta ramallada, o primeiro día do mes tamén foi o día do traballador, vaia día! Moitos celebrámolo descansando, aínda que lóxicamente debería ser o contrario. Na festa da tortilla cómese tortilla aínda que os ovos non sexan da casa,   na da salchicha salchichas, na do viño a fartar, na do cocido pernil a dios dar e na do traballo, salvo bares e quioscos que sempre están abertos, non traballa nin Dios. Curioso, a que sí ? ...Por eso mercalo pan non foi doado. Atopábame en total deleite, nunha coñecida e moi tranquila cafetería da capital, ata que as innumerables pancartas da manifestación cegaban as marabillosas vistas do local, tal rebumbio non fixo outra cousa que convidar á reflexión mentras remexía o ...