Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Inox

Cofre (parte 4) FIN

Imaxe
Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre  apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e  esnaquizada  polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint. Coas ferramentas electricas  é bastante doado  facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse. A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasión ,  martillei  como un cosaco  uns cravos de ferro frío,  para  conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta . Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A p...