Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arte

Rebaixe e coroación dunha mandolina

Imaxe
Unha mandolina bluegrass cos trastes desgastados polo uso, necesita dun rebaixe de trastes coa posterior coroación. Aquí vos deixo o enlace ao video en YouTube. Que o disfrutedes! Ver o vídeo pinchando aquí

Técnica para DIAPASÓN

Imaxe
Chegou o momento de dedicarlle tempo a unha das pezas máis importantes da guitarra, como é o diapasón.   Esta peza é onde se insertan os trastes, e cubre o mástil dende a pala ata a roseta. Ten unhas medidas de 52mm na cejuela e 63mm no traste nº 12.  A súa madeira, ademáis de ser estable a cambios de temperatura e humidade, ten que ser dura, de alta densidade.  Hay moitas madeiras que cumpren con estas características, como son:  Palorosa, Granadillo, Arce, Ciricote ou Cocobolo, entre moitas outras, aínda que as que verdadeiramente se levan a palma son o Ébano e o Palisandro.   O sonido da guitarra depende de moitos factores, un deles é a combinación das madeiras que se utilicen nas distintas partes da guitarra. Este conxunto determinará en gran medida o son do instrumento.    Neste traballo hai varios puntos a considerar: O primeiro, antes de nada, é tapar a boca da roseta, para que a caixa armónica non se encha de impurezas.   Debido a que o má...

Adaptando o fondo da guitarra

Imaxe
 No seguinte enlace a YouTube, mostro as últimas actuacións no fondo antes de encolalo. Pincha aquí para ir ao enlace    

Cepillo Guillame

Imaxe
Moi boas a todos. Que tal como estades? Benvidos e benvidas a PAPARRODA un día máis. Cepillo Guillame   Iste post trata sobre a artistada que rematei esta semana, un cepillo Guillame, un útil que ademáis de cortar como un condenado, dispón dunha peculiaridade soberbia, ter a folla de corte tan ancha como a caixa, polo que se fai especial para algunas labores concretas.    No seguinte enlace a youtube, mostro a técnica a seguir.        https://youtu.be/VBLvpfnVHI0   A bestia

Soleira Manfer Style

Imaxe
A soleira da guitarra Teño que dicir que os resultados acadados nos últimos traballos de lutería (dúas mandolinas, unha folk  e outra napolitana ) son máis que satisfactorios, tal é así, que estou contento como un cuco cos ánimos a escachar, pero non podo estar quietiño... Xa me metín de cheo noutro proxecto, nin máis nin menos que a construcción dunha guitarra MANFER Style , penso que xa estou enganchado a esta fermosa arte, esto xa non ten cura nin volta atrás...!   Eso sí, teño os conceptos moi claros, non pretendo ser un físico acústico, nin un lutier de Cremona, pero tampouco quero dar a imaxe dun  perralleiro  guitarreiro estándar, todo o contrario,  cos meus instrumentos  pretendo marcar a diferenza, así de claro! O da lutería é por verdadeiro pracer, polo que me permite certo grao de liberdade para experimentar, chamémoslle física creativa. Naturalmente, son consciente de que os fracasos tamén teño que roelos. Pero bueno... A fogueira d...

Cofre (parte 4) FIN

Imaxe
Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre  apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e  esnaquizada  polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint. Coas ferramentas electricas  é bastante doado  facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse. A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasión ,  martillei  como un cosaco  uns cravos de ferro frío,  para  conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta . Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A p...