Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2016

Tetas que namoran

Imaxe
Neste post toca falar de algo que se vive moi de cerca, ben sexa no fogar, na rúa, no supermercado ou mesmamente no traballo. Penso que chegou a hora de falar dos peitos das mulleres, polo tanto este post, vai de  TETAS ! Vai por vós. Hai que admitir que non todas son iguais, as tetas son como as mulleres. Poden ser  grandes, falsas, separadas, caídas ou despampanantes. De aí a importancia dun bo suxeitador para gardar a compostura e non chamar, ou si, a atención, depende do que busque cada unha. Con este post non pretendo que me fagades saber se as tendes firmes nin que talla usades de suxeitador, e moito menos, se tendes pezóns de aureola clara, escura ou rosadita. Érache boa, só faltaría…! Os homes temos que asumir que nos gusta mirar para os peitos femininos, dá igual que sexan grandes, pequeños ou obra dun divino cirurxián.  Sinceramente, non sei por que será, pero tampouco me preocupa, é algo que está aí como está a distancia de roce, e que siga  sendo así!  Que no

Biografía dunha alusión

Imaxe
Sendo franco, non figuraba nos meus plans volver a publicar en Paparroda esta semana, pero parece ser que as redes sociais (aínda que sexa ó caladiño); non deixan de facer o seu traballo. Neste caso, un simple Tweet dun afanado seguidor, foi máis que suficiente para reactivar tal pereza. Este mediodía facendo referencia ao último post publicado en Paparroda, o usuario de Twitter Anaco @anacO_o tweeteábame o enlace dun artigo verdadeiramente interesante, de título ¿ Por qué tenemos miedo a los transgénicos ? escrito por Pepo Jiménez . Teño que dicir que estou totalmente dacordo, e que no último párrafo soubo resumir toda a preocupación que no post “ Biografía dun trampolín " eu declaraba. Polo tanto considero oportuno publícalo neste medio para que o coñezan tódolos meus seguidores, tanto os do blog como os das redes sociais. Chegado a este punto, só me queda dicir un par de cousas. Que estou moi agradecido, e que o mellor amigo, non é aquel que che invita os cubali

Biografía dun trampolín

Imaxe
Esta semana, desempeñando o rol de viandante, atopeime en plena rúa cun vello coñecido. Non dudamos en tomar uns viños na cantina de moda máis cercana, e revivir momentos de cando ámbolos dous (por motivos de traballo); almorzábamos na capital. Moitas foron as veces que frecuentamos “Doli”, un restaurante de comida rápida, deses que comes de todo polo mesmo prezo. Un local informal, ameno e distendido, no que se pode degustar distintas gastronomías, ao tempo que as camareiras unha tras outra, lucen escote, quentando a polbeira dos comensais que practican o exceso, deses que comen máis cos ollos que coa boca,   como se o cartel que pendura enriba do grifo da cervexa, non fose con eles “ Come o que queiras sen desperdiciar nada ”. Por desgracia, este tipo de locais, amais de saber vender “ agonía pola comida ” son   únicos movendo os números da báscula. Moita cantidade pero nin chisco de calidade, as lamentacións xa virán ! De seguro que un banquete de chapulíns, un pouco sush

O Limoeiro

Imaxe
Antes de nada, quero facer alusión ao tema a tratar neste post. Non é porno, nin vai de política, pero debido a súa peculiaridade, tampouco é apto para tódolos públicos. Digo esto, para que se absteñan repipis, estiraos, e os de cagarría mental severa. Non vaia ser, que lles dé un patatús e irriten o cutis. Vou falar dos limoeiros.  Sí, unha palabra bonita e de dificil pronunciación para certos foráneos. Penso que ter  limoeiro , merece moito a pena, non só polo bonito que este é nin pola frescura que desprende, se non polo beneficiosa que é a súa froita para o noso organismo. Para ter un limoeiro , non fai falta vivir en Lousame, nin tampouco en Carril, Móstoles ou Estepona. Tense é punto. Teño que confesar que os cítricos sempre foron a miña debilidade, encántanme! Xa poden ser   mandarinas, pomelos, laranxas (as preferidas); ou limóns, que con Gin, teñen bo rollo. Hoxe en día, hai varios factores que determinan, ter ou non limoeiro . O primeiro, é que non se queir