Biografía dun trampolín

Esta semana, desempeñando o rol de viandante, atopeime en plena rúa cun vello coñecido. Non dudamos en tomar uns viños na cantina de moda máis cercana, e revivir momentos de cando ámbolos dous (por motivos de traballo); almorzábamos na capital. Moitas foron as veces que frecuentamos “Doli”, un restaurante de comida rápida, deses que comes de todo polo mesmo prezo. Un local informal, ameno e distendido, no que se pode degustar distintas gastronomías, ao tempo que as camareiras unha tras outra, lucen escote, quentando a polbeira dos comensais que practican o exceso, deses que comen máis cos ollos que coa boca,  como se o cartel que pendura enriba do grifo da cervexa, non fose con eles “Come o que queiras sen desperdiciar nada”.

Por desgracia, este tipo de locais, amais de saber vender “agonía pola comida” son  únicos movendo os números da báscula. Moita cantidade pero nin chisco de calidade, as lamentacións xa virán!

De seguro que un banquete de chapulíns, un pouco sushi, asado brasileño e unha fritanga de gusanos coreanos, rematando con un exquisito postre de conguitos de grillos mexicanos, satisfaga as delicias de calquer comensal.

Pero neste post, quero falar de algo que a priori, é máis preocupante, sí, algo que descoñecen a maioría de asíduos a este tipo de locais. Como é o trampolín que lles brindan ós productos tranxénicos.

Ben sabido é por todos, que estes productos son creados a partir dun organismo modificado mediante enxeñería xenética. Puxéronse de moda na década dos 80, consiste en insertar segmentos de ADN dun ser vivo cun rasgo desexado noutros organismos, sendo a maior parte, prantas destinadas a alimentación, pero ademáis de vexetais, tamén se está a crear os primeiros animais transxénicos para consumo, como salmón, pavo, tenreira etc. So para reducir costes económicos e ser máis rentable.

Pero… A costa de quen?

As modificacións dos xenomas tanto en plantas como animáis, non só producen efectos secundarios aos seres vivos, tamén os que os consomen como é o caso do Ser Humano. A dificultade de determinar cambios a largo prazo fai difícil alcanzar conclusións definitivas. Pero andaremos e veremos!


Nota: Todo parecido que o nome do local teña coa realidade é pura coincidencia.

SIGUE>




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)