Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Data de paripé

Imaxe
Xa estamos na recta final deste 2018, pero tamén é verdade que xa fai máis dun mes que o Carrefour leva anunciando mazapáns a  2×1, digo Carrefour por poñer un referente, pero ben podía ser Gadis, Eroski ou calquera outro, abrumando coa súa propaganda de Nadal. S empre me parecíu prematuro anunciar o Nadal antes de decembro, pero a realidade é que cada ano empézase antes cos preparativos, a este ritmo, dentro de 20 anos, poñerase o belén en agosto. A clara intención deste post (como xa estamos en decembro) é desexarvos unhas felices festas, pero tamén aproveitar para  escribir unhas palabras sobre algo que me sorprende da decoración do Nadal. Así como do amor ao odio hai un paso, do bonito ao hortero tamén hai outro, o malo é que moitos non o saben. A semana pasada vivín unha situación que quero compartir con todos vós. Paréceme asombroso e lamentable como  os medios convirten ás persoas en maniquíes andantes pintando o ridículo pola vida.  Agora vos conto. Tódolos dí

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 9)

Imaxe
Uns brochazos de Xylamon e unha caricia de spray Xylacel, fan que non entre termita nin termitón. Protección para máis de quinientos anos, como se nada, vamos! Hoxe toca falar da tapa armónica, esta é unha das pezas máis importantes de calquera instrumento de corda, dela depende moito a calidade do son, encárgase de modular, transmitir e expandir o sonido. Din os entendidos que polas características timbricas, as mellores son as de abeto e cedro, calquera das dúas xenera bos armónicos, aínda que ante gustos non hai disputa. Para o encolado da tapa, axúdome de cinta de carrocero, dous clavos e tiras de goma. Nesta imaxe, mostro rematado o perfilado da cenefa, axudeime dun gramil e unha cuchilla. Como non podía ser doutra maneira, esta cavidade é para incrustar a peza co logo de MANFER Style, augurando un resultado espectacular. En proceso unha suave lixadura previa a un tinte definiti