Quen me dera correlas!
O post de hoxe, trata sobre algo que o seu uso como tal xa fixo tempo que estirou a pata, feito que a máis de catro lles provocou unha extraña sensación de non saber se rir ou chorar, por un lado a modernización (Dios nos libre que non viñera!) benvida sexa, e que non pare, por outro lado a perda de algo tan importante como son os vestíxios do pasado. Pero bueno, como decía o outro…:“A vaca ou os catro pesos, non se pode ter todo”. Corredoira do Tiro Está claro que co paso do tempo as cousas cambiaron. Se non que llo pregunten as corredoiras , eses camiños estreitos que fixeron os nosos ancestros. Camiños enlamados que transcorren entre muros, co ancho xusto dun carro de vacas, nin unha cuarta máis nin unha cuarta menos. Se tes a mala sorte de vivir afastado dunha aldea con elas ou nunca viches cousa igual, de veras o sinto, pois agora é un chisco tarde. O paso do tempo trouxo a modernización e con ela os tractores, que foron a súa morte. As co...