Quen me dera correlas!



O post de hoxe, trata sobre algo que o seu uso como tal xa fixo tempo que estirou a pata, feito que a máis de catro lles provocou unha extraña sensación de non saber se rir ou chorar, por un lado a modernización (Dios nos libre que non viñera!) benvida sexa, e que non pare, por outro lado a perda de algo tan importante como son os vestíxios do pasado. Pero bueno, como decía o outro…:“A vaca ou os catro pesos, non se pode ter todo”.

Corredoira do Tiro

Está claro que co paso do tempo as cousas cambiaron. Se non que llo pregunten as corredoiras, eses camiños estreitos que fixeron os nosos ancestros. Camiños enlamados que transcorren entre muros, co ancho xusto dun carro de vacas, nin unha cuarta máis nin unha cuarta menos. Se tes a mala sorte de vivir afastado dunha aldea con elas ou nunca viches cousa igual, de veras o sinto, pois agora é un chisco tarde. O paso do tempo trouxo a modernización e con ela os tractores, que foron a súa morte. 
As corredoiras non lles quedou outra que aprender a ser pista, borrando desta maneira as rodeiras que ano tras ano os carros marcaran nas pedras. Despois coa chegada da democracia, viñeron as eleccións, e con elas o asfalto. Puro politiqueo!

O curioso de todo esto é o concepto que as novas xeracións teñen acerca deste tipo de camiños, distando o seu de cómo eran de antaño, aínda que entendible ata certo punto, xa que antes os veciños procuraban mantelas en bo estado, mirando por elas polo menos unha vez ao ano, cortando silvas, podando ramas e repoñendo as pedras que fixera falta, pero agora as poucas corredoiras que sobreviviron á modernización, atópanse en desuso, cheas de silvas, xestas e toxos, dando unha imaxe deplorable, non habendo chispa que ande por elas. Está claro que a colaboración veciñal de fai algún tempo seméllase bastante a de hoxe.

Non teñas ti a mala sorte de caer, porque ademáis de darche unha patada no costado e rirse de ti, aínda se fan un selfi contigo espaturrado on the floor.

Que teñades bo día.







Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)