Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2016

Todo, por querer ser guapo

Imaxe
Creer que a froita se elabora nos laboratorios , no mercado ou nas froiterías, non é un pensamento que vaia moi desatinado. No mundo tan plástico no que vivimos, todo é posible! Con este traballo, vou mostrar a tódolos seguidores de Paparroda, como madura sen química un peladillo .  Eso sí, non me veñas con présas ! Aínda o sol do venres pasado non vira ben o mediodía, cando o conxunto de condicións requeridas, en canto a climatoloxía, lúa e marea, eran do máis favorables. Levando a cabo unha operación cirúrxica de moito calado. Nun patrón de ameixeira brava, enxertei unhas pugas deses peladillos grandes, lustrosos e encarnados, que se comen cos ollos! A ver se con algo de sorte, en poucos anos, os paxaros, os vecinos máis eu disfrutamos de tal intervención.   Enxerto feito o 19 de febreiro do 2016

Pautas dunha Garabata

Imaxe
Estou por decir, que aínda ben fose nunha ceremonia, nunha festa, nun banquete, no metro, na oficina ou mesmamente na rúa, de seguro que todos víchedes alguén disfrazado con traxe e garabata, digo disfrazado porque moitas das veces non se lle pode chamar doutra maneira. Nunca me atrevín a falar deste tema, cada un ten o  estilo que ten e punto, pero este ano a Gala dos Goya , foi a gota que colmou o vaso. O sábado pasado, como telespectador de tal evento, vin detalles que decían ben pouco dalgúns dos nosos “ artistas ”. Como actores está claro que fan uns papeles que te cagas, boísimos! Unha pena que non poida decir o mesmo, acerca do pouco estilo que teñen levando traxe e garabata na vida real. Uns auténticos pailarocos , diría eu! Se tes que subir a un estrado a recoller un premio, sabes de sobra que vas ser o centro de tódalas miradas, neses casos tanto a vestimenta como o saber estar é todo. Entrar a escena coa chaqueta do traxe desabrochada, é unha conduta ben pouco ele

Ao solaz da campá

Imaxe
Ben certo é que algunha vez óense campás e non se sabe onde. Aínda que coa cantidade de tipos que hai, saber cal é cada cal, xa ten o seu mérito. Temos as de Bastabales, as de fin de ano, as de Belén, a de campanas al vuelo, Cristo da Campana, a campana da cociña, ao son das campanas, volta de campana, campanas sobre campanas,  e salvados pola campana. Entre moitas outras! Que terá este dichoso instrumento...? Eu neste relato, non pretendo diferencialas nin moito menos, só quero facer unha referencia explícita a un tipo de campá en concreto, como é a nova campá da parroquia de San Adrián do Cotarelo.  Buff...! Vaia pasada! Anos atrás, cando aínda a parroquia non chegara a tanto modernismo, tódolos días   ben cedo, Pepiño (o fillo do sacristán); agarrado á corda do badalo e tiritando de frío, daba a señal do comezo da misa. Que gustazo escoitar o son daquela campá de bronce pulido, na cal se podía ler GENOVA ANNO 1752. Libre dun enterro, un cabodeano ou o