Todo, por querer ser guapo
Creer que a froita se elabora nos laboratorios, no mercado ou nas froiterías, non é un pensamento que vaia moi desatinado. No mundo tan plástico no que vivimos, todo é posible! Con este traballo, vou mostrar a tódolos seguidores de Paparroda, como madura sen química un peladillo. Eso sí, non me veñas con présas!
Aínda o sol do
venres pasado non vira ben o mediodía, cando o conxunto de condicións
requeridas, en canto a climatoloxía, lúa e marea, eran do máis favorables. Levando
a cabo unha operación cirúrxica de moito calado.
Nun patrón de
ameixeira brava, enxertei unhas pugas deses peladillos grandes, lustrosos e encarnados,
que se comen cos ollos! A ver se con algo de sorte, en poucos anos, os paxaros,
os vecinos máis eu disfrutamos de tal intervención.
Comentarios
Publicar un comentario