Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta focaccia

Focaccia

Imaxe
A   focaccia   é un pan tradicional italiano, de miolo tenro e esponxoso e codia lixeiramente crocante. Elabórase con fariña, auga, levadura, sal e aceite de oliva. Nota aclaratoria sobre a fariña:   debe empregarse unha fariña de forza, cun contido en proteína entre o   11 % e o 12 % . Estos son os ingredientes para unha empanadeira de 40x30 cm 600g fariña de forza  500g de auga 10g de sal 2g de levadura seca de panadeiro 40g de aceite de oliva Mozzarella fresca Pementos de piquillo asados Romeu Albahaca Aceite Nun recipiente mézclase a fariña, auga, sal, levadura e aceite. Reméxese para humedecer toda a fariña, procurando que non queden partes secas. Non é necesario amasar; simplemente hai que facer unhas dobleces cada 20 minutos (como mostro no vídeo). Nun principio fanse 4 dobleces, aínda que, se a temperatura ambiente é elevada, pode que con 3 sexa suficiente. Deste xeito a masa irá collendo corpo e elasticidade a medida que se van facendo os pliegues....