Focaccia
A focaccia é un pan tradicional italiano, de miolo tenro e esponxoso e codia lixeiramente crocante. Elabórase con fariña, auga, levadura, sal e aceite de oliva.
Nota aclaratoria sobre a fariña: debe empregarse unha fariña de forza, cun contido en proteína entre o 11 % e o 12 %.
600g fariña de forza
500g de auga
10g de sal
2g de levadura seca de panadeiro
40g de aceite de oliva
Mozzarella fresca
Pementos de piquillo asados
Romeu
Albahaca
Aceite
Nun recipiente mézclase a fariña, auga, sal, levadura e aceite. Reméxese para humedecer toda a fariña, procurando que non queden partes secas.
Non é necesario amasar; simplemente hai que facer unhas dobleces cada 20 minutos (como mostro no vídeo). Nun principio fanse 4 dobleces, aínda que, se a temperatura ambiente é elevada, pode que con 3 sexa suficiente.
Deste xeito a masa irá collendo corpo e elasticidade a medida que se van facendo os pliegues.
Para saber se a masa con 3 pliegues está lista, pódese facer a proba da membrana, tal como mostro no vídeo. Se ao estirala cos dedos se consigue formar unha película fina e traslúcida sen que se rompa, a masa está no seu punto.
Pódese facer a proba da membrana en todas as dobleces para ir vendo o desarrollo. A propia masa vainos indicando cando está preparada.
Unha vez completada a serie de pliegues, métese no frigorífico un mínimo de 12 horas, aínda que o máis práctico é preparala pola tarde para forneala á mañá seguinte.
Ao sacala do frío, faiselle un preestirado suave. Non é necesario levala de inmediato ata os bordes da empanadeira; simplemente estendela lixeiramente para que comece a adaptarse. A continuación, déixase repousar a temperatura ambiente entre 1 hora e 1 hora e media. O tempo exacto dependerá da temperatura da cociña: canto máis calor faga, menor será o tempo de repouso. Poñela dentro do forno apagado é moi práctico.
Pasado ese tempo, é o momento de por a quentar o forno a 230ºC e de rematar de estirar coa punta dos dedos, empuxando a masa cara aos bordes.
Antes de fornear, repártese sobre a superficie unhas follas de romeu fresco, tomates cherry e un bo chorro de aceite de oliva virxe. Introdúcese a focaccia no forno cando este alcance á temperatura de 230 ºC, con calor arriba e abaixo, colocándoa na balda inferior, aproximadamente a 10 cm da base. O tempo de cocción adoita situarse entre 20 e 25 minutos.
A primeira vez que se prepara esta receita, convén comprobar aos 15 minutos o dourado da base. Para facelo, levántase con coidado a focaccia utilizando unha espátula ou outro utensilio plano. Según o resultado, pódese optar por continuar a cocción sen cambios se o dourado é uniforme, subir a focaccia a unha balda superior se a base está dourando demasiado rápido ou activar unicamente a calor inferior se aínda necesita máis cocción.
Cando a focaccia presente un dourado uniforme tanto na parte inferior como na superior, retírase do forno, e con moito coidado de non queimar os dedos, hai que retirar o papel de forno, que ao estar aceitado sae perfectamente. Agora chegou o momento de engadir os ingredientes finais: mozzarella, tiras de pemento do piquillo asado —os envasados funcionan perfectamente— e unhas follas de albahaca fresca.
Vólvese a introducila no forno durante 1 minuto. A calor residual será suficiente para fundir lixeiramente a mozzarella e temperar o resto dos ingredientes, mantendo intacto o aroma e a frescura da albahaca.
Agora si, xa está lista para servir unha focaccia cun interior esponxoso cunha codia dourada e un sabor que convida a repetir.
Cortala con tixeiras é moi práctico!
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, aquí vos deixo o vídeo.
Que o disfrutedes!


Comentarios
Publicar un comentario