Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta festadadorna

Inconformidade dorneira

Agora que a  Festa da Dorna  rematou e o ruído das carrilanas xa é historia, gustaríame expresar unha pequena inconformidade. Porque unha festa tan grande tamén merece unha reflexión cando algo desentona. Durante unha das probas, o locutor decidiu que era boa idea dedicar un insulto a un dos participantes. Unha pena... Non creo que seus pais lle desen esa educación; estou convencido de que eses modales e esa falta de respeto son valores que este individuo foi adquirindo libremente polo camiño, pero sen ter en conta que a educación e o respeto deben ir sempre por diante do talento, do espectáculo e do micrófono. Porque facer rir nunca debería significar humillar a ninguén. E unha festa que presume de tradición, ingenio e compañerismo tamén debería presumir de respeto cara a quen participa nela, por moita euforia que haxa…   Un saúdo. Pincha aquí para ir á portada