Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Praia

Donald Trump en Baroña

Imaxe
O título deste post ben podía ser “Amansa Bestias” nel vou contar algo inédito sobre o Sr. Donald Trump, vou falar da    estancia que pasou en Baroña sen que a prensa rosa nin os xornais se enteraran. Donald Trump na entrada do recinto fortificado do Castro de Baroña O reloxo da cafetería marcaba as 9:45 cando o presidente a bordo do Air force one, e baixo un maior secretismo tomaba terra no aeroporto de Rosalía de Castro (ata ese momento descoñecíase se viña en plan de negocios ou lecer). Escoltado polas autoridades competentes e sen moito paripé, axiña chegou ao punto de destino, Baroña. Víase ansioso por facer negocios nesta parte da ría, beber Albariño e comer ben, de feito o primeiro que fixo nada máis chegar, foi recorrer os mellores locais de hostalería da parroquia e relacionarse coa xente do lugar cunha especie de castellano averiado, que quen lle dera a moitos! Dende O Pino ata Ínsua pasando polo Castro e Arnela, rematando cunha ...

Un desliz chino

Imaxe
Maniobras de sendos tronos, desesperan inquietudes na prensa rosa de media Europa. A nosa  Leti, na ceremonia da Pascua Militar, repite o modelito do ano pasado e un  guardia de Buckingham estivo a punto de disparar a Isabel II. Alucinante a de  noticias sorprendentes que un se atopa na prensa...  Que sepas que se chegaches aquí en busca de cotilleo do corazón ou  chismes da nobleza , lévala clara. Neste blog trátase temas distintos, mellores ou peores, depende de ti, do amueblada que teñas a cacharola.  Tódolos días deste Nadal, aínda ben sen entrar a noitiña, entre o abalar da brisa, os cantos dos cormoráns, pildoriñas e algunha serea, propúxenme dar unha camiñata mansiña polo paseo de madeira que debuxa a silueta da fermosa praia onde vivo. Ao cruzar o moderrón paso por diante dunha vivenda que me chama moito a atención, unha casa de pranta alta, moi acristalada con acabado enferruxado, lucindo tres Papá Noeles ao longo dunha corda que pendura ...