Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Moros

Bo proveito!

Imaxe
Neste post vou explicar os motivos polos que debemos evitar dicir " que aproveite " ou " bo proveito " ao atoparnos con alguén que está comendo.   O día do mercado de fai dúas semanas, foi un día deses nos que un se levanta demasiado pesimista, crendo non ter tempo suficiente para facela compra. Mercala froita antes de que chegue a escoria que a apalpa, é unha manía que teño dende fai tempo, pero bueno, que sería de nós sen vicios nin manías... Tal foi así, que cando cheguei, aínda os tendeiros envoltos en rebumbio, “Camela” e “tejemaneje” empezaban a montar os tenderetes. Ante tal situación non retrocedín, todo o contrario, adentreime con paso ordinario como se dunha carreira de obstáculos se tratase, esquivando o intenso movemento dos mercaderes, que expoñían a mercancía nun mercadillo moi cuquiño. Un mercadillo conformado por catro postos de froita, dous de pan, tres mulleres vendendo productos da casa, unha churreira, un posto de frutais, arbustos e prant...