Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2014

Un mes de vida

Imaxe
Xa temos a Paparroda de cumple, fixo un mes de vida, cobrou o primeiro sueldo e o condenado xa viaxou por medio mundo, pasou frío e calor; velo ahí ven de Rusia tiritando como un campeón, eso si, non sin a súa sorrisa ON; tamén chegou a Estados Unidos, Alemania, Portugal, Francia, Argentina, Suiza, Chile, Polonia, Hungría e España; foi visto máis de 1500 veces, as entradas que máis interés causaron foron as dos días 26-xan, 7-feb  e 19-feb; o navegador máis utilizado sigue sendo Firefox con moita diferencia, e os Sistemas Operativos tamén siguen sendo Windows e o “PEQUEÑAJO”  Android. Como Paparroda é moi visto desde smartphons, suxírolle a este tipo de seguidores que de cando en vez utilicen o PC (para non perder detalle), xa que a versión para smartphons é unha versión simplificada e adaptada para que estes dispositivos carguen máis “rápido”  Paparroda. Sin vos, esto non sería posible, gracias polas visitas. Paparroda cun mes de vida

Dedo de bo cubeiro

Imaxe
Unha vez máis, as contas da casa non dan cas da "plasa". Hoxe partía paciente e sin compañía, pero eso sí, todo entusiasmado, a priori cun destino moi claro, unha ruta coqueta sin complicación, unha ruta ó máis puro estilo vacilón. A  idea era ir ata terras de Castelao, aproveitando a circunstancia do momento, (xa que hoxe Rianxo prometía un animoso e bizarro ambiente ciclista), tomar un refrixerio, palpar un pouquiño a festa deportiva e voltar a sua hora, xa que deixar de lado dúas veces consecutivas o aperitivo do finde cada día faise máis imperdonable, menos mal que hoxe puxéronse dacordo os momentos: angel, diablo e espartano sin perder a austeridade e chegando a casa a hora que hai que chegar. Detinme na gasolineira do Caramecheiro para darlle un pouco de vidilla as rodas, alí atopeime a catro membros do laureado clube "Os Saltamontes". Debido a que o manómetro iba como "o carallo" o debate da presión do "dedo do bo cubeiro" foi máis

Alá por Curroximil

Imaxe
Para un día que decido ir pola mañanciña hasta “Aguiño de ves”, vexo á volta tales raios de sol reflexados nesas augas cristalinas da Arousa, que non eran outra cousa que unha impertinente pura envexa, un alarde de presunción cun deleite de agradable sufrimento; pero todo hai que decilo, alá, a un puñado de leguas de Curroximil divisábanse dous moscóns de inverno como dous mundos, uns nubarróns da cor do cu do pote, cunha figura dramática que non tiña nin pes nin cabeza, parecía mesmamente a emulación do demo no mes de febreiro; pero visto o momento, tamén pensei no camiño, e como din por ahí, que cos placeres non se xoga, fixen a vista gorda e saín, ca sorpresa de que chegando a Curro atopeime con eles, uns puñateros moscóns cheiños de duelo e chorando como dous condenados, ainda que teño moito que agradecerlle ó papel de aluminio (de marca blanca) que merquei este día no Gadis; xa que superou con creces as probas de impermeabilidade propostas polo medio bocadillo de salchichón, q

Esos "Turita"

Imaxe
Despois de varios días de pleno sosiego ciclístico, debido a debilidades, disturbios e tempestades varias, chegou o día "D", o día no que decidín sacar a “Place for One” de paseo, e nunca mellor dito, xa que foi unha saída pausada e suave, máis ben en plan “turita” como din os do Sur. Fun a Baroña, á terra natal e aproveitei para acercarme a Ponte Medieval do Río Sieira, na cal as excesivas augas deste inverno deixaron os seus aledaños libres de toda maleza, restablecéndolle unhas vistas fermosas e impresionantes, digno e merecedor dunha boa visita; aínda que sendo un pouco... ou menos aínda, un pouquiño realista, eso é para os “turita” xa que os de aquí vamos a sitios máis lonxes, canto máis lonxe mellor, podendo ir coller una insolación ó Caribe, vamos quedar no país, “anda ya" Chegou o momento de pasar as fotos, pero non sin antes decirvos que esta semana comecei a práctica de Running en compañía dun amigo cañero e incansable como é o Sr. Vilarnovo. A idea é col

As duras e as maduras

Imaxe
Entre este tempo que me fai tolear, a irish beer revivindo os vintepico e a miruxa dunha larga noite de meigallo, o resultado é unha "jripallada" que nin os cans, e como é normal esta non ven sola, ven acompañada dun  baldado que non podía ser doutra maneira que un auténtico "baldao" full equip.  En resumidas contas, despois de aparecer este fermoso día para machacar a Cannondale ben machacada, eu non podo ca alma, está claro que hai que estar as duras e as maduras.

Poker de gafas

Imaxe
Pasar t oda a semana ca choiva detrás da orella, esperando como Dios polo famoso finde, ca intención de meterlle uns kilómetros ó corpo e de paso indo espabilando un pouquiño a tontería, pero nada;  polo visto temos outro fantástico e fabuloso finde de sofá, esto non ten perdón. Este inverno un blog adicado o mal tempo sería un éxito rotundo, pero o cometido de “Paparroda” non é ese, aquí o mal tempo non é benvido, por non querer, non o quero nin en pintura, polo tanto vouno ignorar por completo, a ver si se da por aludido e se píra dunha puta vez, polo menos hasta dentro dun ano. Encantaríame saír de ruta e contarvos as anécdotas que surdiran no traxecto, acompañadas de algunha que outra fotiño, (que o fin e o cabo é a incumbencia de este espacio) pero ó non poder ser, aproveito para informarvos que onte na óptica Miradoiro de Ribeira, merquei  unhas gafas preciosas, da cor do tractor, este sería un dato sin relevancia se non fose porque estando na tenda, entrou Contador,