Unha semana de vida
A
día de hoxe Paparroda xa ten unha semana de vida, e o todo poderoso Google xa considera que ten que mostralo no primeiro posto de búsqueda, eso gústame, pero aínda quedan moitas
cousas que pulir, unha delas é optimizar as vistas para dispositivos móbiles.
Encantaríame ter todo perfecto pero, mentres se capa non se asubía, prefiro construír
unha base sólida para despois seguir axustando parámetros que non intentar
facer todo atropeladamente en un pis pas deixando carencias en todos os
apartados. Pouco a pouco andarase o camiño aínda que mirando as estatísticas do
blog, o navegador máis usado non foi o de un smartphone, se non que foi Firefox
para PC cun 38% seguido de Chrome cun 15% (nunca me imaxinei que o modesto Chrome; o meu pensar, acadara
ese posto), por outra parte, Windows lévase a palma referente ó apartado de
sistemas operativos cunha cota do 57%
seguido de Android cun 19% e iOS cun 12%. Tamén quero resaltar que Paparroda xa
é internacional, foi visto dende Portugal, Francia, Suíza, Alemania, Estados
Unidos e a nosa España claro está, cun 88% moitas das visitas supoño que serán
emigrantes xa que non vexo o interés de esta xente en ver un blog en galego, aínda
que unha imaxe vale máis que mil palabras, por iso que estas sempre estarán presentes en Paparroda. Queda manter
este ritmo e chegar a Oceanía, Asia e África, case nada!, pero bueno…, o mundo
non se fixo en dous días e a esperanza é o último que se perde.
Por outra parte queda agradecer os vosos
apoios e darvos as gracias polas visitas.
En
vista de que Paparroda pretende ser un viaxeiro nato, haberá que pensar na
posibilidade de poñer un tradutor pensando nas visitas que non sexan da terriña,
aínda que non sei o tradutor como sairá a flote con este galego coloquial que
tanto me gusta.
Ahora también tendrás que incorporar Chile...
ResponderEliminarSe me está ocurriendo una idea que tiene que ver con tu proyecto, que no será de seguro tan espectacular como tus salidas pero para mi algo será...sólo tengo que partir por desempolvar mi bicicleta...
Muy bueno, país a país conquistando el mundo.
EliminarLo tuyo no tiene perdón, mucho gimnasio y la bici desamparada en el trastero...