Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2015

Doutra maneira

Imaxe
Xa temos á porta unha algueirada de orixe Celta chamada Samaín , unha festa relacionada cos espiritus e a morte, celébrase este sábado (a noite do 31 de outubro ao 1 de novembro); unha noite de troula “terrorífica”, para divertirse sacudindo o cu e a carteira doutra maneira , disfrazados de fantasmas, zombies ata diablos con minifalda e escotados vampiros, non hai frío que entre aos vivos. Os emigrantes irlandeses no século XIX levaron ao novo continente a súa caldeirada cultural de festas e tradicións, e como os americanos, festeiros tamén son o seu, non lle fixeron ascos a tal troula. Alí douse a coñecer como: “All Hallow´s Eve” ou “Hallow evening” que ven sendo o que na actualidade se coñece como Halloween. Esto é unha mostra de que a cultura está viva, o sitio cambia pero a festa sigue. Para que esta noite de medo, non vos sorprenda entrando de cheo no terror, recoméndovos ler. “ Tres pasos polo misterio ” de Agustín Fernández Paz. Un libro que nos leva po

Unha de berberechos

O día de onte, logo de runnear o percorrido habitual matutino dos domingos, tomeime un chisco de acougo, deseguida de repoñer enerxía e coa intención de domar ideas, boteille unha ollada a xornais e blogs que sigo. Teño que decir que me levei unha grata sorpresa ao sentirme identificado co que o archicoñecido José Carlos Capel , escribía no seu blog “ Gastronotas de Capel ” co título “ Las reinas del berberecho ”. Primeiro por falar de Galicia, da ría de Muros e Noia, ría onde nacín,   recordando os meus antepasados, que medios labregos, medios pescos, non quedaron sen mariscar berberecho na lomba de Noia. Segundo e non por eso menos interesante, falar dunha empresa punteira, que leva máis de medio século conservando productos mariños de calidade, ao mesmo tempo que nos abre unha boa fiestra de osíxeno aos barbanzáns, como é Frinsa . Polo tanto, recoméndovos ler o post "Las reinas del berberecho" de José Carlos Capel. Os interesados, podedes facelo pinchando AQUí .

Boirenses e mailo carburo

Imaxe
Vermella Algún día escoitábase por aí que entre tódolos barbanzáns, os de Boiro e periferias, foron os que máis aguantaron sufrindo as consecuencias a pé da luz de carburo. Descoñezo a veracidade de tal ruxe ruxe, o que si parece certo facendo caso das faladurías daqueles vellos, é a relación existente entre o uso desta fonte de enerxía con extraños sucesos noite e día. Si, parece increíble, pero antes de gozar deste momento álgido de popularidade, xa experimentaron coa súa confusión mental, xa que mirara por onde se mirara, Norte, Sur, Este, Oeste, por Vilariño ou ben por Abanqueiro, era un pobo sometido e ofuscado con aparicións nocturnas de almas en pena. Contaba o finado de Pastor, que o que acontecera aquela noite de inverno, non era para contarllo a ninguén. Natural de Castrove, aínda que por motivos de traballo, pasaba os días por terras boirenses dacabalo da Vermella, unha besta bonita de crin dourada e rendas esmaltadas, un animal un tanto peculiar,   xa que ría, anda

Grafeno

Imaxe
No  ano 2010 foi otorgado o premio Nobel de Física ós Srs. Andréy Gueim e Konstantín Novosiólov , dous rusos que co seu descubrimento revolucionaron altas e baixas esferas, mostrando ao mundo o Grafeno . Ata esa, apartando aqueles catro que sempre o saben todo,  ninguén tiña idea do que era, ben podía ser champú, unha bebida para deportistas, unha crema exfoliante,  ou mesmamente unha marca de papel hixiénico de alto rendimento, pero non, desta vez foron un pouco máis alá descubrindo algo que a priori tiña todas para ser un material super revolucionario, de increíbles características e usos sorprendentes en aplicacións infinitas.    Un material máis duro, flexible e lixeiro que o aceiro, alta conductividade tanto térmica como eléctrica e por si fose pouco, tamén é transparente,  que xa é decir!!  O Grafeno vaise convertir no material de moda, polo tanto dentro de dous días ou tes algo de Grafeno ou non eres ninguén. Reloxo de Grafeno, lentillas de Graf