Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2015

Unha de rife rafe

Imaxe
Aguiño, Ponte Beluso, Noia, Baroña. Estes dous acaban conmigo... De ben pensado, ahí se pasaron todo o dichoso día de onte a ver quen lambía máis. Si un que xa fora, que o outro quería ir máis, nin o café me deixaron tomar tranquilo, eu no medio aguantando o temporal, tambalazo para aquí, tambalazo para alá, rompéronme a cabeza ata as tantas da noite, malo si acudía por el e malo si acudía por ela, aínda que no fondo, quen me dera cumprirlle o gusto os dous. (Algún día será) Logo de trastear toda a noite sabendo que todos os camiños dan a Roma, tamén quixen facer que hoxe, todos desen a Baroña, polo tanto desta deixei o running medio colgado e marcheime con ela, contento como un cuco e folgado como un can. Arriei as nove cun frío de campeonato, pero non tardei moito en darme conta de que non era o único tolo que fuxía da cama. Partín dirección Ponte Beluso e logo ata Noia pasando por Lousame, preto de chegar ao alto do Confurco casi medio atrapo a un grupo de tres ciclistas, que n

Un ano de PAP

Imaxe
1º Aniversario Paparroda Neste post ben podía falar tanto do fel das caramechas, como das escamas das recontrajodas, pero non vai ser o caso, hoxe vou tratar un tema que non ten nada que ver con esto, nin cas virtudes sexuais do sapoconcho. Hoxe é o primeiro aniversario de Paparroda, polo tanto a única finalidade deste post, non podía ser outra que a de darvos as gracias a todos os que pasástedes por aquí, ben fose por casualidade ou curiosidade, tamén quero agradecer a todos aqueles que me apoiaron dende un principio con este ambicioso proxecto. É un verdadeiro pracer saber que o que aquí escribo, desperta o voso interes. Un saúdo.

Un día de froalleira

Imaxe
Este post non era para existir, pero eche ben boa verdade que cando algo está de ser, é e punto. A priori facía un día destes entre miruxa e borraxeira, un día tipo Telecinco, pero era moi cedo para meterlle ó corpo algo tan concentrado como GHVIP15 ou SALVAME.  Record persoal en 10K Polo tanto aínda con algo de froalleira saín a practicar un pouco de running (teño que decir que ainda que o Endomondo se botou fora de punto, a min foime de perlas); nun principio era para darlle duas voltas ao rueiro, pero alá preto do inicio da segunda volta (polo kilómetro catro, cinco) sentín as pernas moi soltas, feito que xa veño notando nas últimas carreiras, logo dos vinte minutos correndo, polo tanto decidín dar uha volta máis, alcanzando preto dos 15 Km Rioja, Ramón Bilbao Fixen un bo tempo,   pero non tan bo como marcou o Endomondo,    10 Km en 41m 42s,  xa me gustaría, pero aínda así, fixen un bo tempo, non sen sufrimento xa que entre a froalleira e o sudor encargaronse d

Esa prontitude

Imaxe
Unha das virtudes que verdadeiramente admiro dalgunhas mulleres, é a facilidade que  teñen para manifestar o seu bo humor. Dos bombóns mellor non falar… fóra cursiladas con ramos de flores e formas de mirar. A nosa pericia masculina entra en acción, logo dun “Bufff!!! estes pantalóns fanme un cu enorme…” Acto seguido procedemos coa plasticidade dese comentario positivo e ben agardado, disipando calquer inseguridade. Así é como mellor están, con tal de non escoitalas… jajajaja!!!  Que mundo tan cruel!!! Aínda sabendo que no fondo,  teñen armas tremendamente seductoras, para terminar encaprichados deses peitos ben gardados, comentarios privados cargados de preguntas indiscretas, que manda puñetas!!!

Charlie Hebdo

Imaxe
Xa tiña gañas de manifestarme rompendo unha lanza a favor da libertade de expresión.    Logo do visto e lido ó longo destes días tanto na prensa como nas redes sociais, referente ó fatídico atentado a Charlie Hebdo, teño que dicir que foi cruel ata decir basta, foi moito máis que poñer límites a libertade de expresión, esto foi poñer fin ó dereito a vida. Como dicían antigamente: “Neste mundo hai de todo como na botica” personalmente penso que debería seguir sendo así por moitos anos, senón que sería de nos se nos gustase a todos a mesma moza/zo, o mesmo nome, o mesmo pantalón co mesmo grao de descaro. Polo tanto uns alaban ao periódico Charlie Hebdo por ser o suficiente valente en publicar nas súas portadas viñetas controvertidas, “interesantes” e “divertidas” e por outro lado están os outros; (que non todos son islámicos) que consideran este tipo de viñetas insultantes, provocantes e de mal gusto, que a única finalidade que ven nelas é ridiculizar. Está claro que este taxant

Tanta locura

Imaxe
Unha tímida saída na tarde noite de onte foi máis que suficiente para xustificar que estamos plenamente expostos a un vindeover de momentos embelesados. Pódovos empezar contando que con só chegar á urbe e nada máis avistar a primeira rotonda, preto do malecón, atopeime cun plantel de luxo dirixindo á circulación, para o caso da igual onde vivades, xa pode ser: Rianxo, Panxón, Vimianzo, Outes, O Son ou de distinta nación, xa que todos eles están cortados polo mesmo patrón, polo tanto non faltarán axentes pendientes dun “Tin-Tin” ou un “Toutón”  en momentos de operación.  Está claro que vivimos nun mundo saturado de información, fillos retratados por doble e triple sesión, a mesma foto ca cámara da tía, da nai e do pai, entre fotos, redes sociais, e xogos de acción, vive un máis tempo a través da pantalla que na vida real, así vive o Home entre tanta imaxinación, ata o punto de que xa non existe rapaz sen Smartphone na súa comunión nin reunión con Whatsappeo sen atención.  Aínda ben

Doña Noz

Estas son as vivencias que Doña Noz lle contaba a súa veciña; unha comunidade formada polos inquilinos da típica cesta do Nadal, esa cesta que hai en todos os fogares, e que a pesar de ter vivido as campanadas e de xuntar as enchentas do ano vello co novo, aínda se aguanta media chea de dulzainas, cos séus catro polvoróns, seis mazapáns, media tableta de turrón, unhas almendrillas e outros tantos piñóns, xunto duns figos pasos mesturados cuns poucos bombóns. Ahí entre outros moitos doces é onde residía o temor de Doña Noz. Concédolle a palabra De ben pensado fun ben ilusa, andei alardeando a vento e canto creendo que desta zafara, pero cada vez sinto ese dichoso chasquido máis preto de min. Si fose doutro lado, pois aínda que tal, pero sendo bonita como son, que ben valía como peza de museo, aínda non podo creer que nunha destas sexa eu; (coas miñas claras e sabrosas carnes ben arrugadiñas) a estrela do banquete. Pero vendo tal lambón de cava tras cava con boliñas de Lindor que en

Modelo de rúa

Imaxe
Maura III/III Despois do que vemos todos os días nos xornais, había que ser un tanto egoísta para declararse radiante de felicidade neste ano de conflitos,  preferentes, crisis e desahucios. Facendo balance ó marxe de todas estas penurias, teño para dicir que foi un ano extraordinario. O pasado xaneiro poñía en marcha este ambicioso proxecto chamado “Paparroda”. A pesar de que o seu comezo foi un tanto precipitado e tímido ó mesmo tempo, non me podo queixar do logro obtido, xa que conseguín tirar como un experto Rudolf facendo crecer a cantidade de seguidores que cada semana pasades por aquí, chegando a cotas record nestes últimos días do ano.  Alcanzando deste modo un objetivo pouco previsto, aínda para as mentes  máis optimistas, feito que me fai sentir moi motivado e ilusionado, agradecendo incansablemente o voso valioso tempo dedicado ao “Paparreo”, nada que ver co paporreo que quede claro!!! Paparreo ≠ Paporreo Logo da noite pasada, con tanto glamour, poderío e pa