Tanta locura

Unha tímida saída na tarde noite de onte foi máis que suficiente para xustificar que estamos plenamente expostos a un vindeover de momentos embelesados.
Pódovos empezar contando que con só chegar á urbe e nada máis avistar a primeira rotonda, preto do malecón, atopeime cun plantel de luxo dirixindo á circulación, para o caso da igual onde vivades, xa pode ser: Rianxo, Panxón, Vimianzo, Outes, O Son ou de distinta nación, xa que todos eles están cortados polo mesmo patrón, polo tanto non faltarán axentes pendientes dun “Tin-Tin” ou un “Toutón”  en momentos de operación. 
Está claro que vivimos nun mundo saturado de información, fillos retratados por doble e triple sesión, a mesma foto ca cámara da tía, da nai e do pai, entre fotos, redes sociais, e xogos de acción, vive un máis tempo a través da pantalla que na vida real, así vive o Home entre tanta imaxinación, ata o punto de que xa non existe rapaz sen Smartphone na súa comunión nin reunión con Whatsappeo sen atención.  Aínda ben Andrea non fixo a foto da criatura e xa Inés lla pide para o perfil de Ventura. 
Aínda que pagar a “Dios e su Madre“ por un matarratas non sexa de cordura, acude ao bar de moda onde abundan morritos inventados con escotes de locura…  

A ver quen é a máis tetuda!!!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)