Unha de rife rafe

Aguiño, Ponte Beluso, Noia, Baroña.
Estes dous acaban conmigo... De ben pensado, ahí se pasaron todo o dichoso día de onte a ver quen lambía máis. Si un que xa fora, que o outro quería ir máis, nin o café me deixaron tomar tranquilo, eu no medio aguantando o temporal, tambalazo para aquí, tambalazo para alá, rompéronme a cabeza ata as tantas da noite, malo si acudía por el e malo si acudía por ela, aínda que no fondo, quen me dera cumprirlle o gusto os dous. (Algún día será)
Logo de trastear toda a noite sabendo que todos os camiños dan a Roma, tamén quixen facer que hoxe, todos desen a Baroña, polo tanto desta deixei o running medio colgado e marcheime con ela, contento como un cuco e folgado como un can. Arriei as nove cun frío de campeonato, pero non tardei moito en darme conta de que non era o único tolo que fuxía da cama. Partín dirección Ponte Beluso e logo ata Noia pasando por Lousame, preto de chegar ao alto do Confurco casi medio atrapo a un grupo de tres ciclistas, que non lle cheguei a ver as caras, xa que na rotonda antes de baixar, tomamos direccións distintas. Entre eles había un maillote que destacaba, deses que me gustan, un todo ”Nekora-man” femenino, rompedor ao máximo cun culotte perfilado e ben feito de muller, que lle iba dando unha caña que xa lle gustaría a moitos machotes. Despois da rotonda, sen máis pretexto nin máis dilación crucei Lousame, Noia, Portosín e o Son, onde cheguei a Baroña cargado de motivación, onde comín e bebín con moita graduación.

Que teñades boa semana.

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)