Charlie Hebdo

Xa tiña gañas de manifestarme rompendo unha lanza a favor da libertade de expresión.  
Logo do visto e lido ó longo destes días tanto na prensa como nas redes sociais, referente ó fatídico atentado a Charlie Hebdo, teño que dicir que foi cruel ata decir basta, foi moito máis que poñer límites a libertade de expresión, esto foi poñer fin ó dereito a vida.
Como dicían antigamente: “Neste mundo hai de todo como na botica” personalmente penso que debería seguir sendo así por moitos anos, senón que sería de nos se nos gustase a todos a mesma moza/zo, o mesmo nome, o mesmo pantalón co mesmo grao de descaro. Polo tanto uns alaban ao periódico Charlie Hebdo por ser o suficiente valente en publicar nas súas portadas viñetas controvertidas, “interesantes” e “divertidas” e por outro lado están os outros; (que non todos son islámicos) que consideran este tipo de viñetas insultantes, provocantes e de mal gusto, que a única finalidade que ven nelas é ridiculizar.
Está claro que este taxante ataque foi unha auténtica barbarie, tiñan que ser un pouco máis pillos, dando un golpe intelixente con máis aplomo e menos sangue, eso si, todo extremista e radical que estes quixeran, pero VERBAL e VISUAL, buscando inspiración a súa situación, aproveitando a riqueza que na actualidade tódolos países teñen en pezas de gran calidade.
Sen ir máis lonxe, en España gozamos dunha boa plantilla, dende Bárcenas ata Urdangaríns pasando por Pantojas chea de barrotes con franxas douradas e princesas roxeadas. Aquí xa tiñan tema para viñetas e compañía.

Hai que mostrar un mínimo de respeto as persoas que o merecen, sexan da ideoloxía que sexan.

“Je suis Charlie Hebdo” ---- Eu son Charlie Hebdo


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)