A botella de Mr. Teel
Neste post vou contar un suceso que xa fixo esta semana quince días que ocurríu. Pensei en compartilo por dúas razóns, a primeira porque cousa ao xeito non pasa tódolos días e a segunda porque sei que aos amantes das cousas raras vos vai gustar. Este suceso insólito, aconteciulle a un tipo que se fai chamar Mr. Teel, un cidadán de United Kingdom, bombeiro retirado, que xa leva oito anos (dende que se xubilou) vivindo nestas terras, fala galego perfectamente, agás a pronunciación da letra Ñ que a articula como se fose unha N, pero polo menos fala o noso idioma, non como nós que levamos dende ben pequenos estudando inglés e pouco máis que o verbo “to be” sabemos. Descoñezo cales foron os motivos que trouxeron a este británico ata aquí, xa que por moito que se lle pregunte non solta prenda. Non se sabe se foi atraído polas fermosas vistas á ría, polo viño branco ou simplemente fuxindo do recio clima escocés, o que si sei, é que ademáis de un fascinante observa...