Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2014

Vía sin tranvía

Imaxe
Monllos, trasgos e bolboretas!!! Hai días que é mellor non sair da casa. Hoxe levanteime todo cheo de razón e fun hasta Vilagarcía, nada máis chegar resbalei no famoso rail do tranvía, vaia ostia me metín!!! Pero eso si, por un momento fun o centro de atención, oleee!!! (ni Cristiano Ronaldo nos seus mellores tempos)  en cousa de segundos xuntouse alí unha de peña  que nin os cans; foi impresionante!!! penso que si fora o Sr. Rajoy non se xuntaba nin a mitade dunha cuarta parte, é decir 1/8 de people. E como esto aínda era pouco, a volta en Catoira, vou e pincho, foi de esa cando me dei conta de que o impacto co asfalto vilagarcián non é compatible cá pantalla tactil do smartphone. Hoxe aprendín que as marquesinas valen máis que para agardar o bus, tamén valen para abrigarse cando chove con ganas. Menos mal que tiña todo o necesario para solucionar o tema pinchazo, despois do curso de Sporbike, sería imperdonable.

Un despertar enfeitizado

Imaxe
...Pola mañá a cama non sei que feitizo tiña que para abandoala así sin máis, costoulle o seu e porte doutro; despois dunha cruel reflexión a evidencia estaba clara que non era outra que levantarse. Entre unhas cousas e outras saín tarde, fun hasta Cabo de Cruz en plan tranquilo, e polo visto non fun o único de relax, xa que todos os ciclistas que me atopei (un par de decenas máis ou menos), todos  iban no mesmo plan, dominguero total, hasta me chocou ver tanto ciclista en BTT por carretera. Xa chegará o tempo de dar caña...que teñades boa semana, a disfrutala. O outro lado da ría dende Cabo Cabo de Cruz, terra de Bateeiros

Cá sombra da lúa

Imaxe
Cada día que pasa entendo mellor as alucinacións da xente,  cando un  quer ver algo veo e punto, e senón que llo digan a Don quijote de la Mancha, cando daquela que o artista confundía os muiños de vento con xigantes, tamén eu vin na tarde soleada de hoxe un largo día de xullo, fun hasta a Fervenza da Magdalena (Ribasieira) e como se dí en Betanzos, “pilloume o toro” xa saín tardecho fun co sol e vin cá lúa; que por certo, moi bonita a sombra desta, pero eso si, cunhas fotos que valen moito a pena enseñárvolas e tamén uns vídeos para ver e escoitar a natureza en estado puro, adícándollos a todos os que non levantan cu do sofá vendo Salvame de Lux ou algo similar. A "Place for One" por donde faga falta Hasta a fervenza hai un bo camiño para patear e respirar aire puro